Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Os alcades do Carballiño e Maside, Garda Civil e Xunta, avanzan nunha actuación medio ambiental e de limpeza na Fontela

22, Outubro 2021 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Asi o anunciou en COPE O Carballiño o alcalde Francisco Fumega, e tras unha reunión celebrada esta semana na que xunto aos rexedores de Maside e O Carballiño tamén participaron responsables da Garda Civil e Gabriel Alén, delegado territorial da Xunta. 

A idea na que se traballa é que a Consellería de Medio Ambiente proceda á limpeza do lixo acumulado en todo o entorno do poboado chabolista da Fontela, situado no termo municipal de Maside, aínda que se localiza nunha dos principais accesos a O Carballiño.

Doutra parte, o alcalde carballiñés tamén avanzou que o proxecto de construcción do novo centro de saúde para O Carballiño conta cunha previsión orzamentaria de 8 millóns de euros por parte da Consellería de Sanidade. En canto a elección dos terreos para a súa ubicación e que o concello carballiñés ten que poñer a disposición de Sanidade, Fumega adiantou en COPE O Carballiño que será no transcurso da próxima semana cando convocará unha reunión da comisión municipal de sanidade, na que están representados todos os grupos políticos municiapais, e na que agarda chegar a un acordo de consenso sobre a proposta que se trasdará á Xunta.

Pódese escoitar íntegra a entrevista co alcalde do Carballiño no Podcast que encontrarás nesta páxina WEB, en "Programa" do dia 21 de Outubro de 2021.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/os-alcades-do-carballino-e-maside-garda-civil-e-xunta-avanzan-nunha-actuacion-medio-ambiental

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/os-alcades-do-carballino-e-maside-garda-civil-e-xunta-avanzan-nunha-actuacion-medio-ambiental [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/os-alcades-do-carballino-e-maside-garda-civil-e-xunta-avanzan-nunha-actuacion-medio-ambiental [3] whatsapp://send?text=Os alcades do Carballiño e Maside, Garda Civil e Xunta, avanzan nunha actuación medio ambiental e de limpeza na Fontela http://copecarballino.es/novas/os-alcades-do-carballino-e-maside-garda-civil-e-xunta-avanzan-nunha-actuacion-medio-ambiental [4] http://copecarballino.es/print/58027