Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O BNG demanda obras de reparación no edificio do auditorio municipal, afirma que o estado de deterioro é un perigo para os usuarios do conservatorio.

31, Outubro 2021 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A voceira municipal do BNG no concello do Carballiño, Sofía García, ven denunciando desde hai xa dous anos ante o concello a situación na que se atopa o edificio do conservatorio municipal do Carballiño e o perigo que supón para os nenos e nenas.

Tal como indica a voceira nacionalista “ hai lousas en diferentes caras do edificio que caeron e outras están ao caer, tamén hai fiestras rotas nas aulas, e é evidente que é moi perigoso sobre todo para os máis cativos”.

Levamos denunciando esta situación ante o concello , dí García, desde hai dous anos e a resposta dos responsables municipais sempre é a mesma, “que xa van comezar as obras”, porén as obras non comezan e a situación continúa agravándose cun deterioro cada vez máis evidente.

Desde o grupo municipal do BNG do Carballiño esiximos a reparación do conservatorio municipal por constituír unha situación de perigo inminente que non se pode consentir.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-bng-demanda-obras-de-reparacion-no-edificio-do-auditorio-municipal-afirma-que-o-estado-de

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-bng-demanda-obras-de-reparacion-no-edificio-do-auditorio-municipal-afirma-que-o-estado-de [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-bng-demanda-obras-de-reparacion-no-edificio-do-auditorio-municipal-afirma-que-o-estado-de [3] whatsapp://send?text=O BNG demanda obras de reparación no edificio do auditorio municipal, afirma que o estado de deterioro é un perigo para os usuarios do conservatorio. http://copecarballino.es/novas/o-bng-demanda-obras-de-reparacion-no-edificio-do-auditorio-municipal-afirma-que-o-estado-de [4] http://copecarballino.es/print/58102