Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O Auditorio acolle este venres dia 19 unha xornada de prevención das adiccións na adolescencia, organizada pola Mancomunidade de Concellos do Carballiño

16, Novembro 2021 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Serán en horario de tarde,  de 16:30 a 19:00 horas deste venres dia 19 de Novembro no Auditorio do Carballiño, e os destinatarios desta xornada son nais, pais, membros das ANPAS, asi como profesionais tanto da educación como da prevención e a saúde, e tamén poñer en valor o traballo que se está a facer en materia de prevención na comarca do Carballiño.

A iniciativa está promovida polo servizo de prevención de conductas adictivas da Mancomunidade de Concellos do Carballiño e o Concello do Carballiño, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela,

Están programadas dúas conferencias, a primeira  de prevención integral e comunitaria, qué podemos aprender do modelo inslandés? que terá como ponente a Patricia Ros García, representante para España do modelo islandés de prevención.

A segunda conferencia  leva por título "adolescentes e adiccións con e sen substancia: qué pasa en España e qué pasa na comarca do Carballiño", o ponente será o profesor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio Rial Boubeta.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-auditorio-acolle-este-venres-dia-19-unha-xornada-de-prevencion-das-adiccions-na-adolescencia

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-auditorio-acolle-este-venres-dia-19-unha-xornada-de-prevencion-das-adiccions-na-adolescencia [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-auditorio-acolle-este-venres-dia-19-unha-xornada-de-prevencion-das-adiccions-na-adolescencia [3] whatsapp://send?text=O Auditorio acolle este venres dia 19 unha xornada de prevención das adiccións na adolescencia, organizada pola Mancomunidade de Concellos do Carballiño http://copecarballino.es/novas/o-auditorio-acolle-este-venres-dia-19-unha-xornada-de-prevencion-das-adiccions-na-adolescencia [4] http://copecarballino.es/print/58159