Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > A Xunta impulsará un espazo comarcal coworking no Carballiño para novas iniciativas empresariais

23, Novembro 2021 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Os novos emprendedores das comarcas do Carballiño e O Ribeiro contarán en breve cun novo espazo coworking que se ubicará no Carballiño, favorecendo as iniciativas empresariais dos novos emprendedores. Asi o anunciou hoxe o conselleiro de Economia, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia, Francisco Conde, no transcurso dunha visita ao programa a parada en camiño da Innovación en Ribadavia.

A rede de espazos coworking promovida pola Xunta a través do Igape e a EOI forma parte da plataforma StartIN Galicia, que agrupa a todas as aceleradoras que apoia a Administración autonómica e que permitiu nos últimos cinco anos impulsar máis de 1000 proxectos emprendedores en todo o territorio. Dentro desta plataforma de apoio integral desenvólvense as business factories e outras aceleradoras como Agrobiotech, ViaGalicia, Galicia Open Future e Connecting For Good Galicia.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/xunta-impulsara-un-espazo-comarcal-coworking-no-carballino-para-novas-iniciativas-empresariais

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-impulsara-un-espazo-comarcal-coworking-no-carballino-para-novas-iniciativas-empresariais [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-impulsara-un-espazo-comarcal-coworking-no-carballino-para-novas-iniciativas-empresariais [3] whatsapp://send?text= A Xunta impulsará un espazo comarcal coworking no Carballiño para novas iniciativas empresariais http://copecarballino.es/novas/xunta-impulsara-un-espazo-comarcal-coworking-no-carballino-para-novas-iniciativas-empresariais [4] http://copecarballino.es/print/58186