Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Por vez primeira en 63 anos de historia do club: o Arenteiro enfrontaráse a un equipo de primeira división, será o Valencia CF, na Copa do Rei

3, Decembro 2021 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O Arenteiro continúa facendo historia e tras eliminar ao Logroñés  na primeira ronda da Copa do Rei, agora por vez pirmeira dende a súa fundación en 1958 enfrontaráse en partido oficial a un equipo da máxima categoria do fútbol español, a un dos grandes entre os grandes, o Valencia C.F.

Será a partido único e o Arenteiro actuará como local. Unha vez ceñecido o resultado do sorteo, o presidente do club, Argimiro Marnotes, manifestou en COPE O Carballiño que "o Arenteiro vai facer todo o posible e máis para que o partido poida xogarse no estadio de Espiñedo, queremos que esa foto históricia ante o Valencia sexa en Espiñedo, que é a nosa casa, o Arenteiro é do Carballiño e queremos xogar no Carballiño", subliñou.

O partido xogaráse o xoves dia 16 deste mes de Decembro, as 7 da tarde. O equipo, que tras completar o adestramento matinal coñeceu en Espiñedo ao seu rival, recibiu o resultado do sorteo con satisfacción "estamos felices e contentos, o Valencia era un dos preferidos", dixo o capitán Daniel Portela. 

 

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/por-vez-primeira-en-63-anos-de-historia-do-club-o-arenteiro-enfrontarase-un-equipo-de-primeira

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/por-vez-primeira-en-63-anos-de-historia-do-club-o-arenteiro-enfrontarase-un-equipo-de-primeira [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/por-vez-primeira-en-63-anos-de-historia-do-club-o-arenteiro-enfrontarase-un-equipo-de-primeira [3] whatsapp://send?text=Por vez primeira en 63 anos de historia do club: o Arenteiro enfrontaráse a un equipo de primeira división, será o Valencia CF, na Copa do Rei http://copecarballino.es/novas/por-vez-primeira-en-63-anos-de-historia-do-club-o-arenteiro-enfrontarase-un-equipo-de-primeira [4] http://copecarballino.es/print/58228