Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Os concellos de Cea, Piñor, Punxín e Avión quédanse fora do plan do goberno de ampliación da banda ancha ultrarrápida, que sí chegará a O Carballiño, O Irixo, Boborás, Maside, San Amaro e Beariz

7, Decembro 2021 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A banda ancha ultrarrápida chegará a seis dos nove concellos da comarca carballiñesa durante os dous próximos anos no marco do plan de ampliacion do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital para beneficiar a empresas e fogares, asi o acredita a resolución definitiva da convocatoria do Programa de Universalización de Infraestruturas Dixitais para a Cohesión ÚNICO-Banda Ancha, que forma parte do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno.

Desta maneira, os primeiros proxectos desenvolveranse nas chamadas "zonas brancas", é dicir, aquelas áreas que non dispoñen de cobertura de redes de velocidade de polo menos 30 megabits por segundo, nin plans para a súa dotación no próximos tres anos. A data límite para a súa execución é o 31 de decembro do 2023, de modo que a cobertura de banda ancha comezará aextenderse a partir do próximo ano nestes concellos con problemas de conectividade. Os plans son plurianuais, polo que as tarefas contempladas na convocatoria do 2022 poderanse executar ata o 2024 e os do 2023 ata o 2025, para chegar así á totalidade da poboación en tres anos.

Na comarca do Carballiño, son en total 132 as áreas na que Telefónica desplegará redes de banda ancha ultrarrápida, figuranda á cabeza o concello do Irixo con 46 zonas brancas, seguido de O Carballiño con 29, Beariz con 18, Boborás con 18, San Amaro con 14 e Maside con 6. Quédanse fora deste plan do goberno os concellos de San Cristovo de Cea, PIñor e Punxín, nos que non se contempla ningún tipo de actuación deste deste programa. Dentro do noso ámbito tamén se quedan fora os municipios de Avión e Cenlle, mentres que no de Leiro contemplanse 3 zonas brancas.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/os-concellos-de-cea-pinor-punxin-e-avion-quedanse-fora-do-plan-do-goberno-de-ampliacion-da

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/os-concellos-de-cea-pinor-punxin-e-avion-quedanse-fora-do-plan-do-goberno-de-ampliacion-da [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/os-concellos-de-cea-pinor-punxin-e-avion-quedanse-fora-do-plan-do-goberno-de-ampliacion-da [3] whatsapp://send?text=Os concellos de Cea, Piñor, Punxín e Avión quédanse fora do plan do goberno de ampliación da banda ancha ultrarrápida, que sí chegará a O Carballiño, O Irixo, Boborás, Maside, San Amaro e Beariz http://copecarballino.es/novas/os-concellos-de-cea-pinor-punxin-e-avion-quedanse-fora-do-plan-do-goberno-de-ampliacion-da [4] http://copecarballino.es/print/58252