Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Espiñedo, O Carballiño, orgullosos do que somos: O Arenteiro foi mellor que o Valencia ata a prórroga, e rozou a sorpresa.

16, Decembro 2021 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Espiñedo vivíu unha tarde-noite histórica de ambiente festivo neste partido da Copa do Rei no que 2.000 afeccionados vibraron cos verdes, e na retrasmisión de CUATRO o Arenteiro recibiíu os piropos dos espectadores e dos propios comentaristas da retransmisión

O Arenteiro realizou un gran partido e puxo ao Valencia contra as cordas durante os 95 minutos de partido antes de chegar á prorroga, na que o Valencia resolveu o partido con dous goles. 

E eso que case se pode decir que este partido en vez que comezar 0-0 fixoo xa cun 0-1, xa que aos 30 segundos adiantouse o Valencia, pero o Arenteiro non se amedrentou e moi pronto Espiñedo veuse abaixo cando Joni marcou o empate. Despóis o Arenteiro foi mellor que o equipo da primeira división, a gran ocasión perdida foi apenas a dous minutos de cumpilirse o tempo regulamentario, cando unha gran xogada de Victor Eimil a punto estivo de rozar a sorpresa. A afección verde saíu moi disgustada da arbitraxe do internacional José Luis Munuera, ao que por dúas veces reclamaron un penalti na área do Valencia.

En definitiva, que o Arenteiro aprobou con boa nota sobre o terreo de xogo, e tamén fora do terreo de xogo, xa que a organización da xornada por parte do club tamén estivo á altura das circustancias. Para o recordo quedan as miles de fotografías e vídeos, antes, durante e despóis do partido, que xa é historia para o Arenteiro e para O Carballiño.

Aquí tes o enlace no que podes ver o golazo do Arenteiro que puxo ao Valencia contra as cordas: 

https://eldesmarque.com/valencia/valencia-cf/noticias/327673-el-golazo-p... [5]

As crónicas na prensa falan dun "inmenso Arenteiro":

https://www.marca.com/futbol/copa-rey/arenteiro-vs-valencia/cronica/2021... [6]

 

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/espinedo-o-carballino-orgullosos-do-que-somos-o-arenteiro-foi-mellor-que-o-valencia-ata

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/espinedo-o-carballino-orgullosos-do-que-somos-o-arenteiro-foi-mellor-que-o-valencia-ata [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/espinedo-o-carballino-orgullosos-do-que-somos-o-arenteiro-foi-mellor-que-o-valencia-ata [3] whatsapp://send?text=Espiñedo, O Carballiño, orgullosos do que somos: O Arenteiro foi mellor que o Valencia ata a prórroga, e rozou a sorpresa. http://copecarballino.es/novas/espinedo-o-carballino-orgullosos-do-que-somos-o-arenteiro-foi-mellor-que-o-valencia-ata [4] http://copecarballino.es/print/58325 [5] https://eldesmarque.com/valencia/valencia-cf/noticias/327673-el-golazo-parido-por-alex-fernandez-ante-todo-un-campeon-de-copa [6] https://www.marca.com/futbol/copa-rey/arenteiro-vs-valencia/cronica/2021/12/16/61bb65bb268e3ed1078b45cd.html