Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Irregularidades no trámite de exposición pública do estudo de impacto ambiental de parques eólicos no concello do Irixo.

6, Xaneiro 2022 [1] [2] [3] [4]

Son unha veciña do concello do Irixo, e o motivo desta denuncia é comentar unha serie de irregularidades que se produciron ao redor da exposición pública da documentación dos parques eólicos Valdepereira e Pico Seco que están previstos que se executen nos montes do Irixo e Lalín. Neste caso aféctanos á comunidade de montes da Ermida do Fondo, pertencente ao concello do Irixo e do cal nós temos parte, así como nos montes dos arredores que tamén terán un impacto negativo.

Como resumo desta irregularidade dicirlles que a documentación destes parques non estivo en exposición pública dende o día seguinte á publicación no DOGA n° 234 do día 07 de decembro, é dicir a partires do 09 de decembro terían que estar expostos os proxectos de execución, os impactos ambientais e os proxectos de interés económico e relacións de bens e dereitos dos afectados.

Dicímolo con coñecemento de causa, xa que presentamos un rexistro de entrada no concello do Irixo o día 23 de decembro solicitando a consulta de dita documentación e non a puidemos consultar xa que non estaba exposta. Volvemos o día 30 de decembro para que nos deran unha explicación, xa que non obtivemos resposta da anterior, e ese día volvía sen estar exposta, fixemos de novo unha entrada por rexistro ese mesmo día para solicitar ao secretario do concello que nos informara de dita irregularidade e seguimos á espera de resposta.

E o tempo segue pasando, as alegacións podían presentarse ata o 29 de decembro e a exposición pública non existiu. Por iso que isto é unha cousa que debe saberse, xa que é unha grave irregularidade que non só queda nun simple erro irrelevante.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/denunciacidada/irregularidades-no-tramite-de-exposicion-publica-do-estudo-de-impacto-ambiental-de

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/irregularidades-no-tramite-de-exposicion-publica-do-estudo-de-impacto-ambiental-de [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/irregularidades-no-tramite-de-exposicion-publica-do-estudo-de-impacto-ambiental-de [3] whatsapp://send?text=Irregularidades no trámite de exposición pública do estudo de impacto ambiental de parques eólicos no concello do Irixo. http://copecarballino.es/denunciacidada/irregularidades-no-tramite-de-exposicion-publica-do-estudo-de-impacto-ambiental-de [4] http://copecarballino.es/print/58534