Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > A Residencia para maiores dependentes do Carballiño ampliará este ano o seu número de prazas, pasando das 50 actúais ás 80.

7, Xaneiro 2022 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, visitou a residencia para maiores dependentes do Carballiño, na que a Xunta vén de ampliar o número de prazas das 50 que había ata o momento ás 80 das que disporá este ano. Este incremento de 30 prazas entrará en vigor o vindeiro 1 de abril a través da nova licitación da xestión deste centro, que terá un período inicial de dous anos prorrogables ata os cinco.

Fernando González Abeijón lembrou durante a súa visita que a Xunta de Galicia ten na atención ás persoas dependentes un eixo prioritario que a levou a incrementar desde o 2009 un 44% a oferta de prazas públicas en residencias de maiores, ao pasar de 5500 a máis de 8000 que hai na actualidade.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/residencia-para-maiores-dependentes-do-carballino-ampliara-este-ano-o-seu-numero-de-prazas

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/residencia-para-maiores-dependentes-do-carballino-ampliara-este-ano-o-seu-numero-de-prazas [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/residencia-para-maiores-dependentes-do-carballino-ampliara-este-ano-o-seu-numero-de-prazas [3] whatsapp://send?text=A Residencia para maiores dependentes do Carballiño ampliará este ano o seu número de prazas, pasando das 50 actúais ás 80. http://copecarballino.es/novas/residencia-para-maiores-dependentes-do-carballino-ampliara-este-ano-o-seu-numero-de-prazas [4] http://copecarballino.es/print/58547