Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > A Xunta inicia a redacción da segunda fase dos plans básicos municipais para os concellos de Beariz, Punxín e San Cristovo de Cea, que definirán a súa ordenación urbanística.

8, Xaneiro 2022 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A Xunta inicia a redacción da segunda fase dos plan básicos municipais, da que forman parte nove concellos galegos, entre os que están Beariz, Punxín, e San Cristovo de Cea.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda acaba de adxudicar os contratos do acordo marco para o servizo de redacción deste instrumento de ordenación, pensado para os concellos de menos de 5.000 habitantes. O importe global destes contratos supera os 530.000 euros.

Cómpre lembrar que a financiación dun plan básico municipal é unha das vías da Xunta de Galicia para apoiar ás administracións locais na meta de contar cunha ferramenta que lles garanta unha ordenación responsable e sustentable do seu termo municipal e que está recollida na Lei do solo.

A Xunta "defende que o urbanismo é unha tarefa que precisa do traballo de todos, por iso seguirá ao carón das administracións locais concedendo 3,2 millóns de euros en 2022 en axudas para a redacción dun PXOM ou para a elaboración dun plan básico, tal e como fai con 18 concellos que apostan polo mesmo, así como prestando o apoio e asesoramento técnico que necesiten".

Dende o goberno galego remarcan que "o obxectivo do Goberno galego é acadar que todos os concellos galegos conten un planeamento que protexa e poña en valor a paisaxe, o territorio e o urbanismo".

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/xunta-inicia-redaccion-da-segunda-fase-dos-plans-basicos-municipais-para-os-concellos-de

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-inicia-redaccion-da-segunda-fase-dos-plans-basicos-municipais-para-os-concellos-de [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-inicia-redaccion-da-segunda-fase-dos-plans-basicos-municipais-para-os-concellos-de [3] whatsapp://send?text=A Xunta inicia a redacción da segunda fase dos plans básicos municipais para os concellos de Beariz, Punxín e San Cristovo de Cea, que definirán a súa ordenación urbanística. http://copecarballino.es/novas/xunta-inicia-redaccion-da-segunda-fase-dos-plans-basicos-municipais-para-os-concellos-de [4] http://copecarballino.es/print/58555