Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O Grupo de Emerxencias de Avión suma 3 novos efectivos, e pasa a contar con 12 profesionais para cubrir un servizo que presta tanto no propio concello como noutros próximos.

24, Xaneiro 2022 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Xunta e Deputación de Ourense veñen de asinar un novo convenio de colaboración que vai permitir a ampliación dos efectivos, asi como a actualizacións dos custos salariais dos GES da provincia, entre eles o do concello de Avión.

Consecuencia inmediata do novo convenio entre ambas administracións, será a ampliación en 3 profesionais do Grupo de Emerxencias Supramunicipal do concello de Avión, que pasa a contar con 12 efectivos.

O custo anual do servizo ascenderá agora, coa actualización salarial, aos 313.000 euros, unha cantidade da que o 52,5% corresponderá á Xunta, o 40% á Deputación e o 7,5% restante ao concello de Avión.

Este Grupo de Emerxencias Supramunicipais de Avión non so da servizo de emerxencias ao propio municipio, senón que tamén o fai cando é requirido a través do 112 para actúar noutros concellos das comarcas do Carballiño e O Ribeiro, e mesmo ten realizado actuacións en concellos próximos da provincia de Pontevedra.

 

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-grupo-de-emerxencias-de-avion-suma-3-novos-efectivos-e-pasa-contar-con-12-profesionais-para

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-grupo-de-emerxencias-de-avion-suma-3-novos-efectivos-e-pasa-contar-con-12-profesionais-para [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-grupo-de-emerxencias-de-avion-suma-3-novos-efectivos-e-pasa-contar-con-12-profesionais-para [3] whatsapp://send?text=O Grupo de Emerxencias de Avión suma 3 novos efectivos, e pasa a contar con 12 profesionais para cubrir un servizo que presta tanto no propio concello como noutros próximos. http://copecarballino.es/novas/o-grupo-de-emerxencias-de-avion-suma-3-novos-efectivos-e-pasa-contar-con-12-profesionais-para [4] http://copecarballino.es/print/58710