Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Xunta e Deputación acordan o cámbio de modelo do parque intercomarcal de bombeiros do Carballiño-RIbeiro, que será de xestión directa a cargo do Consorcio Provincial Contra Incendios e Salvamento

26, Xaneiro 2022 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O Consorcio Provincial Contra Incendios e Salvamento de Ourense, integrado pola Xunta de Galicia e a Deputación de Ourense, acordou hoxe avanzar nos trámites que avalen o cambio de sistema de xestión do servizo para implantar un modelo de xestión directa nos catro parques comarcais de bombeiros da provincia, entre eles o do Carballiño-Ribeiro, con base no parque empresarial do Carballiño.

Desta forma, na reunión da Comisión de estudo para a realización da memoria xustificativa da forma de xestión do servizo de intervención en emerxencias do Consorcio Provincial de Ourense para o Servizo contra Incendios e Salvamento participaron por videoconferencia o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o presidente do Consorcio Provincial Contra Incendios de Ourense, Pablo Pérez. Tamén participaron a directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén.

No encontro abordouse que actualmente estase a elaborar o informe sobre a memoria xustificativa da forma de xestión do servizo de intervención en emerxencias do Consorcio. Este informe suporá un paso máis cara ao cambio de modelo acordado entre a Xunta e a Deputación para a xestión directa dos parques de Verín, A Limia, Valdeorras e O Carballiño-Ribeiro, que se integran no Consorcio.

A continuación, celebrouse tamén de forma telemática un pleno ordinario do Pleno do Consorcio Provincial de Ourense para o Servizo contra Incendios e Salvamento no que se aprobou a prórroga por un prazo máximo de un ano do contrato do servizo de intervención dos parques comarcais á empresa adxudicataria da xestión indirecta; esta duración podería interromperse se nese prazo culmina o proceso de cambio de xestión.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/xunta-e-deputacion-acordan-o-cambio-de-modelo-do-parque-intercomarcal-de-bombeiros-do

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-e-deputacion-acordan-o-cambio-de-modelo-do-parque-intercomarcal-de-bombeiros-do [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-e-deputacion-acordan-o-cambio-de-modelo-do-parque-intercomarcal-de-bombeiros-do [3] whatsapp://send?text=Xunta e Deputación acordan o cámbio de modelo do parque intercomarcal de bombeiros do Carballiño-RIbeiro, que será de xestión directa a cargo do Consorcio Provincial Contra Incendios e Salvamento http://copecarballino.es/novas/xunta-e-deputacion-acordan-o-cambio-de-modelo-do-parque-intercomarcal-de-bombeiros-do [4] http://copecarballino.es/print/58729