Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O alcalde de Beariz traslada á Xunta novos proxectos de mellora en Ricovanca, unha zona ubicada na Rede Natura 2000

27, Xaneiro 2022 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A Xunta de Galicia estudará posibles vías de colaboración co Concello de Beariz co obxectivo de poñer en valor e preservar unha zona do municipio coñecida como Ricovanca, localizada en Rede Natura 2000 e que alberga un conxunto arquitectónico e etnográfico de notable valor.

Así llo trasladou a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, ao rexedor ourensán, Manuel Prado, con quen mantivo unha reunión para falar de diversos proxectos de interese para o municipio.

En concreto, o alcalde trasladoulle que nos últimos anos o Goberno local realizou importantes investimentos en Ricovanca grazas aos que se logrou recuperar un muíño e a ponte centenaria que atravesa o río Verdugo ao seu paso pola aldea. O obxectivo municipal agora é acometer a restauración do lavadoiro, outro dos elementos destacados dun lugar que debe tamén á súa singularidade aos valores naturais e paisaxísticos da contorna na que se empraza.

A este respecto, a conselleira subliñou que o seu departamento ofrece desde hai anos axudas dirixidas a executar actuacións de mellora e conservación da biodiversidade en zonas incluídas na Rede Natura 2000 e que contribúan á mellora da paisaxe rural tradicional e dos seus elementos representativos.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-alcalde-de-beariz-traslada-xunta-novos-proxectos-de-mellora-en-ricovanca-unha-zona-ubicada

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-alcalde-de-beariz-traslada-xunta-novos-proxectos-de-mellora-en-ricovanca-unha-zona-ubicada [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-alcalde-de-beariz-traslada-xunta-novos-proxectos-de-mellora-en-ricovanca-unha-zona-ubicada [3] whatsapp://send?text=O alcalde de Beariz traslada á Xunta novos proxectos de mellora en Ricovanca, unha zona ubicada na Rede Natura 2000 http://copecarballino.es/novas/o-alcalde-de-beariz-traslada-xunta-novos-proxectos-de-mellora-en-ricovanca-unha-zona-ubicada [4] http://copecarballino.es/print/58736