Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Os empresarios da área industrial do Carballiño piden aos responsables municipais melloras en materia de seguridade , a rede viaria e comunicacións, asi como a creación dun viveiro de empresas.

3, Febreiro 2022 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Este mércores, foron recibidos, na casa do Concello, os integrantes da Xunta Directiva da Asociación de Empresarios da Área Industrial polo alcalde, Francisco Fumega, e o concelleiro de Industria, D. Manuel Dacal, co fin de abordar os asuntos de especial relevancia para a boa marcha das 52 empresas que integran dita asociación na actualidade, e conforman o tecido empresarial mais importante da comarca do Carballiño xerando emprego para 1.150 traballadores.

Primeiramente a representación empresarial detallou a relación de inquedanzas e proxectos a emprender para facer viable a actividade empresarial así como o mantemento e mellora do emprego da area empresarial.

A representación da asocición empresarial presentoulles aos responsables municipais a demanda dun Viveiro de Empresas, expuxéronlle os beneficios de contar cun viveiro de empresas, para facilitarlle a emprendedores e emprendedoras o inicio da súa actividade na Area Empresarial, mediante o aluguer de naves a un prezo moi reducido, e así impulsar o asentamento de novas empresas na futura ampliación do parque empresarial.

Polo que respecta ás vias de comunicación, falouse da futura autovía que unirá Ourense con Lugo e a posibilidade de contar cun enlace que conecte a área empresarial do Carballiño coa A-56, algo que sería moi beneficioso, non só para os empresarios e traballadores do polígono, senón para o conxunto da comarca en xeral. O equipo de Goberno mostrouse completamente a favor desta proposta, manifestando o seu apoio, e comprometéndose a establecer diálogo con aqueles axentes e institucións pertinentes.

En materia de seguridade, outro dos principais asuntos que se abordaron, e polo que se mostrou gran preocupación, foi o relativo a seguridade das persoas e as empresas, despois de terse producido diversos roubos en empresas da área industrial nas últimas semanas. Ambas partes estiveron de acordo, en que é primordial ter un entorno seguro, polo que é indispensable adoptar todos aqueles mecanismos para erradicar este tipo de sucesos. Deste xeito, acordaron aumentar as rondas de vixilancia dos corpos de seguridade durante a noite e celebrar unha reunión coa Garda Civil. Tamén se propuxo revisar o actual sistema de vídeo vixilancia instalado no polígono, co obxectivo de mellorar a sua eficacia para a sua contribucion ao fin desexado.

Finalmente, abordouse o acondicionamento de viais, tratouse a necesidade urxente de acondicionar e asfaltar o tramo final do vial 6 en dirección á antiga feira do gando, demanda que se ven reiterando en últimas reunións. En relación a isto, acordouse arranxar aquelas zonas máis deterioradas na maior brevidade posible.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/os-empresarios-da-area-industrial-do-carballino-piden-aos-responsables-municipais-melloras-en

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/os-empresarios-da-area-industrial-do-carballino-piden-aos-responsables-municipais-melloras-en [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/os-empresarios-da-area-industrial-do-carballino-piden-aos-responsables-municipais-melloras-en [3] whatsapp://send?text=Os empresarios da área industrial do Carballiño piden aos responsables municipais melloras en materia de seguridade , a rede viaria e comunicacións, asi como a creación dun viveiro de empresas. http://copecarballino.es/novas/os-empresarios-da-area-industrial-do-carballino-piden-aos-responsables-municipais-melloras-en [4] http://copecarballino.es/print/58799