Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > San Amaro renova a iluminación pública na capitalidade municipal e pide axuda á Xunta para melloras na parroquia de Eiras.

8, Febreiro 2022 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitaron o concello de San Amaro, onde a Xunta colaborou na reforma e mellora do alumeado público cunha axuda de 27.700 euros.

O Goberno galego apoiou ao municipio na reparación e mellora da iluminación do núcleo urbano de San Amaro coa substitución e reforma dos cadros de mando e protección, a revisión e o cambio dos tramos de cableado, así como a renovación das luminarias existentes por outras de tecnoloxía LED con óptima asimétrica de alta potencia e eficiencia e a execución de tomas de terra. Estas actuacións leváronse a cabo en pistas, camiños e estradas no núcleo de San Amaro e permitiron un importante aforro enerxético, tanto desde o punto de vista económico como na preservación do medio ambiente.

No transcurso desta visita dos mandatarios autonómicos ao concello de San Amaro, acompañados pollo alcalde da localidade, Fernando Redondo, trasladáronse á parroquia de Eiras, onde o rexedor municipal demandou colaboración para a obra de acondicionamnto do camiño entre A Reguenga e o pobo de Eiras, asi como a mellora da accesibilidade ao centro social desta parroquia, onde se ubica o velorio parroquial.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/san-amaro-renova-iluminacion-publica-na-capitalidade-municipal-e-pide-axuda-xunta-para

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/san-amaro-renova-iluminacion-publica-na-capitalidade-municipal-e-pide-axuda-xunta-para [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/san-amaro-renova-iluminacion-publica-na-capitalidade-municipal-e-pide-axuda-xunta-para [3] whatsapp://send?text=San Amaro renova a iluminación pública na capitalidade municipal e pide axuda á Xunta para melloras na parroquia de Eiras. http://copecarballino.es/novas/san-amaro-renova-iluminacion-publica-na-capitalidade-municipal-e-pide-axuda-xunta-para [4] http://copecarballino.es/print/58850