Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Teatro, música, acto institucional e actividades nos centros educativos, para conmemorar o Día Internacional das Mulleres no concello do Carballiño

5, Marzo 2022 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A programación foi presentada pola concelleira carballiñesa de Igualdade, Guadalupe Sobrado, e iníciase cunha presentación teatral o sábado dia 5 de marzo ás 20:00 horas no auditorio do Carballiño a cargo da compañía Olivas Negras e a obra "A familia Real", unha creación teatral que "busca traspasar os límites, cuestionar as ideas preestablecidas ao redor da maternidade e a educación".

O propio 8 de marzo, Dia Internacional das Mulleres, ás 12:00 horas no salón de actos do concello, procedárase á lectura do manifesto institucional do concello do Carballiño, coa participación dunha representación do centros educativos e asociacións. Actuará a Batucada do Conservatorio de Música do Carballiño.

O sábado 12 máis teatro, ás 20:00 horas no auditorio a compañía asturiana "Teatro del Norte" presentará o seu espectáculo "Medea, la extranjera" que "non so trata do desamor, os celos e a morte, senón tamén da xenofobia, a violencia ás mulleres, a traizón, a vinganza".

O dia 15 de marzo, no colexio da Uceira "Trémola Teatro" representará "A pequena gran inventora", a historia de Laura "unha gran inventora".

Finalmente, os venres 18 e 25 de marzo, os centros educativos do Carballiño acollerán "Empoderamento sexual feminino contra a violencia de xénero", unha actividade dirixida pola psicóloga e sexóloga Mónica Novas.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/teatro-musica-acto-institucional-e-actividades-nos-centros-educativos-para-conmemorar-o-dia

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/teatro-musica-acto-institucional-e-actividades-nos-centros-educativos-para-conmemorar-o-dia [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/teatro-musica-acto-institucional-e-actividades-nos-centros-educativos-para-conmemorar-o-dia [3] whatsapp://send?text=Teatro, música, acto institucional e actividades nos centros educativos, para conmemorar o Día Internacional das Mulleres no concello do Carballiño http://copecarballino.es/novas/teatro-musica-acto-institucional-e-actividades-nos-centros-educativos-para-conmemorar-o-dia [4] http://copecarballino.es/print/59094