Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > A solidariedade carballiñesa viaxa en autocar: Empresa Montañesa transporta o primeiro envio de material para Ucrania, á volta traerá a 48 refuxiados

10, Marzo 2022 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Un autocar de Empresa Montañesa, con tres conductores, parte este venres dia 11 ás 11 da mañá dende O Carballiño co primeiro envio de material solidario organizado por Cáritas Parroquial do Carballiño, con destino a Varsovia-Polonia, onde será entregado. 

Empresa Montañesa non so vai colaborar desta maneira con Cáritas Parroquial do Carballiño, senón que tamén o fai coa Fundación Madrinas, xa que na viaxe de volta transportará a Madrid a 48 persoas refuxiadas, na súa maioria nenos e as súas nais "aínda que estamos abertos a calquera outra indicación que nos fagan porque todo esto pode cambiar dun a outro día", dixo en COPE O Carballiño Manuel Carballeda, xerente de Empresa Montañesa.

Son 3.500 kilómetros os que distancian O Carbaliño do punto de destino para este autocar, que ten previsto a súa chegada a Varsovia a primeira hora da mañá do domingo.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/solidariedade-carballinesa-viaxa-en-autocar-empresa-montanesa-transporta-o-primeiro-envio-de

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/solidariedade-carballinesa-viaxa-en-autocar-empresa-montanesa-transporta-o-primeiro-envio-de [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/solidariedade-carballinesa-viaxa-en-autocar-empresa-montanesa-transporta-o-primeiro-envio-de [3] whatsapp://send?text=A solidariedade carballiñesa viaxa en autocar: Empresa Montañesa transporta o primeiro envio de material para Ucrania, á volta traerá a 48 refuxiados http://copecarballino.es/novas/solidariedade-carballinesa-viaxa-en-autocar-empresa-montanesa-transporta-o-primeiro-envio-de [4] http://copecarballino.es/print/59135