Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Concello e empresas da área industrial do Carballiño avanzan no proxecto de creación dunha comunidade enerxética, sería a primeira en Galicia

31, Marzo 2022 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O equipo de goberno municipal do Carballiño , encabezado polo alcalde Francisco Fumega, e o Concelleiro de Industria, Manuel Dacal, reuniuse na Casa da Cultura, cos empresarios do parque empresarial do Carballiño, cita a que tamén acudiu a Xunta Directiva da Asociación da Área Industrial (AICA), encabezada polo seu presidente, Manuel Carballeda.

O obxecto fundamental deste encontro foi presentar as bases do que será a primeira comunidade enerxética de Galicia, mediante a instalación de paneis solares fotovoltaicos nas naves e instalacións industriais. A idea deste proxecto é que a comunidade xere, almacene e consuma a súa propia enerxía de orixe renovable a prezos mais competitivos, o que suporía un aforro importante na factura eléctrica.

Esta primeira toma de contacto tivo unha gran acollida polos representantes das empresas, que amosaron o seu interese mediante numerosas intervencións durante a exposición e a ronda final de dúbidas e preguntas.

O seguinte paso será a aportación, nas seguintes semanas, dos datos de consumo e a elaboración dun estudio previo e análise pormenorizado das facturas eléctricas, co obxectivo de ter unha idea inicial do que se pretende levar a cabo e así definir as necesidades enerxéticas de cada empresa.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/concello-e-empresas-da-area-industrial-do-carballino-avanzan-no-proxecto-de-creacion-dunha

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/concello-e-empresas-da-area-industrial-do-carballino-avanzan-no-proxecto-de-creacion-dunha [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/concello-e-empresas-da-area-industrial-do-carballino-avanzan-no-proxecto-de-creacion-dunha [3] whatsapp://send?text=Concello e empresas da área industrial do Carballiño avanzan no proxecto de creación dunha comunidade enerxética, sería a primeira en Galicia http://copecarballino.es/novas/concello-e-empresas-da-area-industrial-do-carballino-avanzan-no-proxecto-de-creacion-dunha [4] http://copecarballino.es/print/59347