Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Tras 3 dias de busca e sen rastro do veciño desaparecido no Regueiro. Máis de 100 persoas participaron no operativo este domingo.

3, Abril 2022 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Marcial Manteiga, de 80 anos de idade, está sendo buscado infructuosamente dende a súa desaparición na tarde do pasado venres, cando saíu da súa vivenda no Regueiro e xa non regresou, sen deixar rastro algún que poida facilitar a súa localización.  O home, que sofre unha demencia, puido desorientarse e perderse, aínda que tampouco se descartan outras hipóteses.

Familiares e veciños non se explican que lle pudo pasar e ónde pode estar consumidas tres xornadas de intensa procura na súa busca, e xa son tres as noites que pasaron e  nas que as temperaturas nesta zona do concello de Boborás, nas inmediacións do alto do Paraño e os montes do Testeiro chegaron a valores mínimos de ata 5 graos baixo cero.

No operativo de busca deste domingo participaron activamente máis de 100 persoas, efectivos das forzas de seguridade, bombeiros, protección civil e numerosos voluntarios.

Tamén continuou colaborando a unidade de drons da Axencia Galega de Emerxencias, que tiveron que cesar na súa actividade a media tarde debido aos fortes ventos na zona, con velocidades superiores aos 60 quilómetros hora. Ademáis, nesta xornada sumouse ao operativo un helicoptero da Garda Civil. 

Este lúns dia 4 de marzo o operativo reanúdase de novo, na que se será xa a cuarta xornada de busca deste veciño desaparecido o pasado venres. O punto de encontro para as persoas voluntarias que queiran participar no operativo será o aparcadoiro da Parrilada Os Hermida, na mesma localidade do Regueiro.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/tras-3-dias-de-busca-e-sen-rastro-do-vecino-desaparecido-no-regueiro-mais-de-100-persoas

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/tras-3-dias-de-busca-e-sen-rastro-do-vecino-desaparecido-no-regueiro-mais-de-100-persoas [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/tras-3-dias-de-busca-e-sen-rastro-do-vecino-desaparecido-no-regueiro-mais-de-100-persoas [3] whatsapp://send?text=Tras 3 dias de busca e sen rastro do veciño desaparecido no Regueiro. Máis de 100 persoas participaron no operativo este domingo. http://copecarballino.es/novas/tras-3-dias-de-busca-e-sen-rastro-do-vecino-desaparecido-no-regueiro-mais-de-100-persoas [4] http://copecarballino.es/print/59389