Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O BNG demanda unha valoración dos danos causados pola xeada nas viñas do Ribeiro e axudas aos viticultores

4, Abril 2022 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Unha intensa xeada ven de ocasionar, especialmente nesta noite do domingo 3 para o luns 4, importantes danos nas viñas do Ribeiro "sen que haxa polo de agora unha valoración polo miúdo dos danos ocasionados, é evidente que hai zonas da comarca claramente afectadas, nas que a xeada vai provocar graves perdas da que ía ser a colleita de 2022", manifesta o BNG.

Engade a formación nacionalista que "aperda de ingresos que supoñen estes danos van poñer aínda máis en risco a viabilidade e supervivencia de moitas explotacións. Tamén no caso de producións que achegaban rendas complementarias ás familias, moi importantes para soster numerosas economías domésticas do Ribeiro, a xeada implica unha redución drástica de ingresos".

O BNG demanda de Medio Rural que se realice con carácter urxente unha avaliación dos danos ocasionados polas xeadas, establecendo liñas de axuda para apoiar as explotacións afectadas, que abrangan tanto a compensación polas perdas da produción xa previstas para este ano, como as medidas precisas para a recuperación das plantacións afectadas que permitan a plena recuperación da produción no seguinte ciclo produtivo.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-bng-demanda-unha-valoracion-dos-danos-causados-pola-xeada-nas-vinas-do-ribeiro-e-axudas-aos

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-bng-demanda-unha-valoracion-dos-danos-causados-pola-xeada-nas-vinas-do-ribeiro-e-axudas-aos [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-bng-demanda-unha-valoracion-dos-danos-causados-pola-xeada-nas-vinas-do-ribeiro-e-axudas-aos [3] whatsapp://send?text=O BNG demanda unha valoración dos danos causados pola xeada nas viñas do Ribeiro e axudas aos viticultores http://copecarballino.es/novas/o-bng-demanda-unha-valoracion-dos-danos-causados-pola-xeada-nas-vinas-do-ribeiro-e-axudas-aos [4] http://copecarballino.es/print/59398