Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > A orquestra Panorama regresa a O Carballiño co seu novo espectáculo "Play Tour 2022" o dia 5 de maio, actuará na Praza da Veracruz en sesións de tarde e noite.

11, Abril 2022 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A data do regreso da gran orquestra galega "Panorama" a O Carballiño xa está pechada, según pudo saber COPE O Carballiño e aínda a falta de confirmación oficial será o próximo dia 5 de maio, no calendario da semana dia xoves. Nesa data, a "Panorama" actuará en doble sesión de tarde e noite na Praza da Veracruz presentando o seu novo espectáculo "Play Tour 2022".

A presenza da famosa orquestra no Carballiño, xestionada polo concello do Carballiño, será posible grazas á colaboración e patrocinio da empresa propietaria da pizzería "Cacho Pizza", que celebra este ano o 30 aniversario da súa apertura.

O regreso da Panorama é un dos eventos máis esperados polos amantes das orquestras. A agrupación galega anunciaba a mediados do pasado mes de febreiro que despóis de dous anos parada pola pandemia,volvería xirar este ano e avanzaba, a través dun vídeo, que este ano ía ser "o espectáculo máis grande de España en escenario móbil" e prometendo "a Panorama máis grande da historia".

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/orquestra-panorama-regresa-o-carballino-co-seu-novo-espectaculo-play-tour-2022-o-dia-5-de-maio

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/orquestra-panorama-regresa-o-carballino-co-seu-novo-espectaculo-play-tour-2022-o-dia-5-de-maio [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/orquestra-panorama-regresa-o-carballino-co-seu-novo-espectaculo-play-tour-2022-o-dia-5-de-maio [3] whatsapp://send?text=A orquestra Panorama regresa a O Carballiño co seu novo espectáculo [4] http://copecarballino.es/print/59449