Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Maside, Amarante, Cea, Beariz e O Campo, son as cinco parroquias da Comarca do Carballiño con máis poboación.

13, Abril 2022 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Asi a acreditan os últimos datos oficiais de poboación do INE, as de Maside, Amarante, Cea, Beariz e O Campo son as cinco parroquias que máis poboación manteñen no territorio comarcal, evidentemente deixando ao marxe desta relación a de San Cibrán do Carballiño, á que o INE outorga unha pobación de 11.266 habitantes.

A parroquia de Santo Tomé de Maside, con 802 persoas, é a máis populosa da comarca, e mesmo incrementou en 5 os habitantes no último ano, a esta parroquia pertence o núcleo da vila de Maside. Outra parroquia tamén do concello de Maside é a segunda con máis poboación, a de Santa María de Amarante con 740 habitantes, nesta parroquia sobresaen os núcleos de Dacón e A Fontela, que reúnen a maior parte da súa veciñanza.

Na terceira posición deste ranking comarcal manténse a parroquia de San Cristovo de Cea, con 636 habitantes, na súa gran maioría residentes na vila de Cea.  A cuarta parroquia máis habitada da comarca é a de Santa María de Beariz, que reúne a 606 persoas no seu territorio, no que figura a capitalidade municipal do concello de Beariz. E xa finalmente, completan este TOP 5 das parroquias máis habitadas da comarca a de Santa María do Campo, no concello do Irixo, na que viven 465 persoas.

No conxunto dos nove concellos da comarca do Carballiño son 87 as parroquias existentes, algunhas delas chegaron a ter unha poboación no século XX rondando ou mesmo alcancanzando os 1.000 habitantes, como aconteceu con Oseira -con 284 habitantes según os últimos datos do INE- ou Santa Uxía de Lobás, con apenas 178 habitantes na actualidade.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/maside-amarante-cea-beariz-e-o-campo-son-cinco-parroquias-da-comarca-do-carballino-con-mais

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/maside-amarante-cea-beariz-e-o-campo-son-cinco-parroquias-da-comarca-do-carballino-con-mais [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/maside-amarante-cea-beariz-e-o-campo-son-cinco-parroquias-da-comarca-do-carballino-con-mais [3] whatsapp://send?text=Maside, Amarante, Cea, Beariz e O Campo, son as cinco parroquias da Comarca do Carballiño con máis poboación. http://copecarballino.es/novas/maside-amarante-cea-beariz-e-o-campo-son-cinco-parroquias-da-comarca-do-carballino-con-mais [4] http://copecarballino.es/print/59465