Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > A apertura dun Centro de Día nas súas instalacións, entre os proxectos da dirección da Residencia Irmáns Prieto

20, Abril 2022 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Asi o anunciou nunha entrevista nesta emisora de radio a directora do xeriátrico carballiñés, Nuria Iglesias, a apertura dun Centro de Día nas dependencias do Residencia Irmáns Prieto é un dos proxectos prioritarios para levar a cabo ao entender que é unha demanda real "está a opción de ofrecer prazas de centro de dia porque a xente do propio Carballiño trasládanos esa necesidade, persoas que queren durmir na súa casa e que queren comer e pasar o dia con nós", manifestou.

Tamén comentou que este proxecto estivo paralizado pola pandemia e agora "gustaríanos nos próximos meses poñelo en marcha", desta maneira a residencia ofrecerá en breve un novo servizo a O Carballiño e comarca.

Nuria Iglesias fíxose cargo da dirección do centro por encargo da Fundación Irmáns Prieto en agosto de 2020 tras a marcha das "Hermanitas dos Anciáns Desamparados", o que deu lugar a diversos cámbios na xestión en plena pandemia, mesmo motivando algunhos conflictos laborais e dando lugar a un debate social e tamén político no concello do Carballiño entorno á Fundación impulsada polos filántropos carballiñeses, os irmáns Prieto Pereira nas primeiras décadas do século 20.

Na actualidade, a residencia -aínda hoxe chamada popularmente o Asilo do Carballiño- conta con 106 prazas de residentes e "se cumplimos as previsións serán 111 a finais de mes, polo que estariamos xa cubrindo a capacidade total", avanzou a directora, que tamén dixo que a lista de espera é de 30 persoas, e que que o actual cadro de persoal está integrado por 62 persoas "o 90% mulleres".

Pódese escoitar íntegra a entrevista a Nuria Iglesias no audio do programa do dia 20 de abril de 2022, no PODCAST de COPE O Carballiño que encontrarás nesta mesma páxina WEB.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/apertura-dun-centro-de-dia-nas-suas-instalacions-entre-os-proxectos-da-direccion-da-residencia

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/apertura-dun-centro-de-dia-nas-suas-instalacions-entre-os-proxectos-da-direccion-da-residencia [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/apertura-dun-centro-de-dia-nas-suas-instalacions-entre-os-proxectos-da-direccion-da-residencia [3] whatsapp://send?text=A apertura dun Centro de Día nas súas instalacións, entre os proxectos da dirección da Residencia Irmáns Prieto http://copecarballino.es/novas/apertura-dun-centro-de-dia-nas-suas-instalacions-entre-os-proxectos-da-direccion-da-residencia [4] http://copecarballino.es/print/59519