Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > A orquestra Panorama ofrecerá dous pases o xoves 5 de maio no Carballiño, nunha xornada musical e solidaria a favor de Ucraína e as familias carballiñesas máis necesitadas

21, Abril 2022 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A iniciativa conta coa colaboración económica da pizzería carballiñesa "Cacho Pizza" que celebra o 30 aniversario e cubre unha gran parte dos gastos de organización desta xornada musical e solidaria que terá lugar no Carballiño o xoves dia 5 de maio próximo.

Tamén colabora co concello do Carballiño a Cruz Vermella, que se encargará do operativo preventivo e de seguridade, asi como de recadar os donativos que queiran aportar as persoas que acheguen ese día ata a Praza da Veracruz, onde instalará o seu escenario móbil a orquestra Panorama, o acceso á praza será gratuíto aínda que pide as persoas que acudan que dean un donativo de 3 euros.

Toda a recadación será canalizada a través da Cruz Vermella e destinaráse tanto ás persoas ucraínas refuxiadas como ás familias carballiñesas que están en situación de emerxencia social, tal como aclarou o presidente do comité provincial desta ONG, Felipe Ferreiro, que acompañou no acto de presentación deste evento a José Manuel Rodríguez, de Cacho Pizza, e os concelleiros Manolo Dacal e Diego Fernández.

O programa abriráse ás 19:30 horas na Praza do Emigrante co Dj. Tibu, A orquestra Panorama ofrecerá dous pases na Praza da Veracruz, en horarios de 21:00 a 22:00 h. o primeiro, e de 00:00 a 02:00 o segundo. Ademáis de 22:00 a 00:00 horas animará as rúas do Carballiño a Charanga Castro Bello, e de 23:15 a 00::00 na Praza da Veracruz fará de teloneiro da Panorama o Dj. Tibu.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/orquestra-panorama-ofrecera-dous-pases-o-xoves-5-de-maio-no-carballino-nunha-xornada-musical-e

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/orquestra-panorama-ofrecera-dous-pases-o-xoves-5-de-maio-no-carballino-nunha-xornada-musical-e [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/orquestra-panorama-ofrecera-dous-pases-o-xoves-5-de-maio-no-carballino-nunha-xornada-musical-e [3] whatsapp://send?text=A orquestra Panorama ofrecerá dous pases o xoves 5 de maio no Carballiño, nunha xornada musical e solidaria a favor de Ucraína e as familias carballiñesas máis necesitadas http://copecarballino.es/novas/orquestra-panorama-ofrecera-dous-pases-o-xoves-5-de-maio-no-carballino-nunha-xornada-musical-e [4] http://copecarballino.es/print/59525