Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > A Xunta licita por 360.000 euros as obras de mellora do sistema municipal de abastecemento de auga de Leiro

10, Maio 2022 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A Xunta licitou hoxe as obras de mellora do sistema municipal de abastecemento do municipio de Leiro, que suporán un investimento de 360.000 euros.

A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia recolle hoxe o anuncio de licitación, ao que as empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o 10 de xuño. Esta intervención enmárcase no convenio de colaboración asinado no pasado mes de novembro entre a Xunta e os Concellos de Boborás e de Leiro.

A través deste contrato executaranse as obras de renovación de tubaxe desde Pazos de Arenteiro, no municipio de Boborás, á estación de tratamento de auga potable de Leiro, co fin de resolver os frecuentes problemas de funcionamento que se producen neste treito de condución que abastece a potabilizadora e o depósito de Leiro.

O Goberno galego apoia aos concellos no desenvolvemento das súas competencias municipais cofinanciando as actuacións previstas en ambos os dous concellos no 80% do seu orzamento total. Pola súa banda, as entidades locais achegarán o 20% restante do importe das actuacións que corresponden cos seus respectivos servizos municipais. Ademais, os concellos de Leiro e de Boborás asumen a realización das xestións pertinentes para posibilitar a execución das obras, así como a recepción, posta en servizo, mantemento, explotación.

As intervencións serán financiadas pola Unión Europea, no marco do Eixe REACT UE do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión á pandemia da covid-19.

O Concello de Leiro abastécese dunha captación situada no concello de Boborás, na canle de derivación do encoro de Albarellos. A auga trátase nunha estación de tratamento de auga potable existente no municipio de Leiro e distribúese a través dunha condución cunha lonxitude aproximada de algo máis de 7 quilómetros de lonxitude, dos cales máis de 4,7 se sitúan no termo municipal de Boborás e preto de 2,4 no municipio de Leiro.

Debido á antigüidade da condución que conecta a captación coa potabilizadora, son moi frecuentes as roturas, o que provoca faltas no subministro de auga á poboación. As obras darán servicio a unha poboación fixa de 1.568 habitantes para o ano horizonte 2045.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/xunta-licita-por-360000-euros-obras-de-mellora-do-sistema-municipal-de-abastecemento-de-auga

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-licita-por-360000-euros-obras-de-mellora-do-sistema-municipal-de-abastecemento-de-auga [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-licita-por-360000-euros-obras-de-mellora-do-sistema-municipal-de-abastecemento-de-auga [3] whatsapp://send?text=A Xunta licita por 360.000 euros as obras de mellora do sistema municipal de abastecemento de auga de Leiro http://copecarballino.es/novas/xunta-licita-por-360000-euros-obras-de-mellora-do-sistema-municipal-de-abastecemento-de-auga [4] http://copecarballino.es/print/59685