Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > A Xunta financia con 123.000 euros o mantemento anual do Servizo de Atención Temperá que xestiona a Mancomunidade de Concellos do Carballiño. A conselleira de Política Social visitou as instalacións.

11, Maio 2022 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A conselleira de Política Social en funcións, Fabiola García, acompañada do delegación territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitou esta mañá o centro que presta servizo á Mancomunidade do Carballiño, onde exerceu como anfitrión o presidente da entidade intermunicipal e alcalde do Irixo, Manuel Cerdeira.

A Xunta financia con 123.000 euros o mantemento anual deste servizo que ofrece apoio ás familias con nenos e nenas de 0 a 6 anos coa finalidade de dar resposta ás necesidades transitorias ou permanentes en relación aos trastornos de desenvolvemento ou en risco de padecélos, e para facilitar o desenvolvemento da súa autonomía persoal e a inclusión socical. Para elo, a Mancomunidade de Concellos do Carballiño conta cun equipo integrado por profesionais de psicoloxía, psicomotricidade infantil e logopedia.

A Xunta de Galicia financiará en 2022 a posta en marcha de dez novas unidades de atención temperá, que prestarán servizo a un total de 29 novos concellos, para reforzar e estender a rede pública autonómica. A conselleira de Política Social en funcións, Fabiola García, anunciou esta mañá a resolución da orde de axudas para a creación de novos centros, coa que se atende o 100% das peticións formuladas, durante unha visita as instalacións da Mancomunidade do Carballiño.

Fabiola García agradeceu o labor que prestan as traballadoras deste servizo, que serven de guía profesional a milleiros de familias galegas para detectar posibles trastornos de comportamento nos nenos de entre 0 e 6 anos a través dunha actuación conxunta e interdisciplinar imprescindible para ofrecer unha resposta global ás necesidades do pequeno.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/xunta-financia-con-123000-euros-o-mantemento-anual-do-servizo-de-atencion-tempera-que-xestiona

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-financia-con-123000-euros-o-mantemento-anual-do-servizo-de-atencion-tempera-que-xestiona [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-financia-con-123000-euros-o-mantemento-anual-do-servizo-de-atencion-tempera-que-xestiona [3] whatsapp://send?text=A Xunta financia con 123.000 euros o mantemento anual do Servizo de Atención Temperá que xestiona a Mancomunidade de Concellos do Carballiño. A conselleira de Política Social visitou as instalacións. http://copecarballino.es/novas/xunta-financia-con-123000-euros-o-mantemento-anual-do-servizo-de-atencion-tempera-que-xestiona [4] http://copecarballino.es/print/59697