Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > San Amaro acollerá o 3º Encontro de Familias da Mancomunidade de Concellos, será o domingo 22 de maio.

12, Maio 2022 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O Programa de Educación Familiar da Mancomunidade dos Concellos do Carballiño organiza o III ENCONTRO DE FAMILIAS, unha actividade lúdica e gratuíta e de interrelación entre as familias da comarca, financiada polo Fondo Social Europeo.

A primeira edición desta actividade foi en 2019 no Concello de Piñor, no 2020 foi imposible desenvolvela por mor da situación pandémica, levándose a cabo no ano2021 no Concello do Irixo.

Nesta ocasión, o vindeiro domingo 22 de maio (conmemorando o Día Internacional da Familia), terá lugar o III ENCONTRO DE FAMILIAS no Concello de San Amaro. Será totalmente gratuíto e levarase a cabo no C.E.I.P Eulogio Gómez Franqueira a partir das 16:30H, ofrecendo as seguintes actividades:

-ESPECTACULO DE NARRACIÓN ORAL E MANIPULACIÓN DE OBXECTOS: ROUPA TENDIDA, a cargo de Xarope Tulú.

-ESPAZO DE XOGOS PAPORRUBIO: circuíto de xogos de madeira para empregar en familia.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/san-amaro-acollera-o-3o-encontro-de-familias-da-mancomunidade-de-concellos-sera-o-domingo-22

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/san-amaro-acollera-o-3o-encontro-de-familias-da-mancomunidade-de-concellos-sera-o-domingo-22 [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/san-amaro-acollera-o-3o-encontro-de-familias-da-mancomunidade-de-concellos-sera-o-domingo-22 [3] whatsapp://send?text=San Amaro acollerá o 3º Encontro de Familias da Mancomunidade de Concellos, será o domingo 22 de maio. http://copecarballino.es/novas/san-amaro-acollera-o-3o-encontro-de-familias-da-mancomunidade-de-concellos-sera-o-domingo-22 [4] http://copecarballino.es/print/59701