Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O Colectivo Veciñal O Carballiño denuncia a situación dos accesos do Carballiño a Dacón durante a Novena de Santa Rita.

17, Maio 2022 [1] [2] [3] [4]

A novena da Santa Rita en Dacón é unha celebración moi concorrida por gran número de persoas que nestas datas van a pé dende O Carballiño ata a igrexa do pobo veciño.É unha tradición secular que ano a ano enche de xente os diferentes camiños que unen ambas localidades.

Este ano, os viandantes que fan o percorrido pola N-541, a máis habitual, atopanse cun problema moi desagradable do cal nos deron queixa aos membros deste Colectivo Veciñal: as beirarrúas ó pasar ó carón do poboado da Fontela están absolutamente intransitables.

Cheas de madeira, palés desfeitos e demáis chatarra, obrigan ós viandantes a ter que baixar á estrada durante un bo tramo da mesma, co perigo que isto conleva ó tratarse dunha nacional con moito tráfico.

Pedimos logo a quen corresponda que tome medidas para subsanar este problema e garantir a seguridade dos moitos veciños do Carballiño que desexan ir a Dacón ás misas da Santa Rita.

Asinado: Colectivo Veciñal O Carballiño.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/denunciacidada/o-colectivo-vecinal-o-carballino-denuncia-situacion-dos-accesos-do-carballino-dacon

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/o-colectivo-vecinal-o-carballino-denuncia-situacion-dos-accesos-do-carballino-dacon [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/o-colectivo-vecinal-o-carballino-denuncia-situacion-dos-accesos-do-carballino-dacon [3] whatsapp://send?text=O Colectivo Veciñal O Carballiño denuncia a situación dos accesos do Carballiño a Dacón durante a Novena de Santa Rita. http://copecarballino.es/denunciacidada/o-colectivo-vecinal-o-carballino-denuncia-situacion-dos-accesos-do-carballino-dacon [4] http://copecarballino.es/print/59732