Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Sobre o abandono do patrimonio municipal no concello de Leiro: queixas polo estado do lavadoiro.

20, Maio 2022 [1] [2] [3] [4]

Os socialistas rexistraron o pasado mercores un escrito, facendolle a petición o concello de que se procederá a rehabilitación e conservación do lavodoiro ubicado xunto a Biblioteca Municipal debido as numerosas queixas da veciñanza pola desidea e deixadez.

Leiro 20/05/2022: O grupo municipal dos socialistas, rexistraron un escrito, no cal plantexaban a recuperación e conservación do lavadoiro, ubicado en Leiro, xa que e unha obriga canto menos moral dos dirixentes, neste caso do grupo de gobernó, na actualidade esta obriga tradúcese en deixadez e abandono, xa que o concello como administración máis próxima ó cidadán. Debería traballar arreo polo futuro e o progreso do noso termo municipal e para proporcionar unha mellor calildade de vida e benestar dos veciñ@s, cousa que non esta acontecendo nestes intres, xa que se traduce nunha total deixadez e abandono do noso patrimonio, por parte de este gobernó.

Por todo elo o Partido Socialista de LEIRO solicita o arranxo dos desperfectos que ai no Lavadoiro que se encontra xunto a Biblioteca Municipal e que esta nun estado lamentable, xa que ten abundante perdida de agua no seu conxunto, tamen a suciedade que presenta dito lavodoiro tanto no seu interior con agua verdosa, como no exterior do mesmo e abundante, as luminarias das que dispon tanto no seu interior como no exterior non funcionan, por eso desde o noso grupo municipal pedimos unha actuación urxente por parte do Goberno Municipal para a sua reparacion e limpeza integral na sua totalidade, xa que da unha imaxen da abandono e falta de mantemento. Adxuntamos fotos para que se comprobe o seu estado, xa o ano pasado, lle propuxemos nun Pleno con data 28/6/2021 atraves dunha moción na solicitábamos A POSTA EN MARCHA DUN PLAN DE REHABILITACION E CONSERVACION E POSTA EN VALOR DAS FONTES E LAVADOIROS DOS POBOS DE LEIRO para que se arranxara dito lavadoiro, como tamen outros e o rexidor e o seu grupo de gobernó, votaron en contra e neste caso concreto do lavadoiro de leiro textualmente e asi o corrobora o secretario municipal en acta "que o lavadoiro o lado da biblioteca tamen está ben" . Nos ratificamos en todo o manifestado anteriormente e que esta ano se acrecentou o problema do lavadoiro con respecto o ano pasado, por eso necesita con urxencia unha rehabilitación integral.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/denunciacidada/sobre-o-abandono-do-patrimonio-municipal-no-concello-de-leiro-queixas-polo-estado-do

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/sobre-o-abandono-do-patrimonio-municipal-no-concello-de-leiro-queixas-polo-estado-do [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/sobre-o-abandono-do-patrimonio-municipal-no-concello-de-leiro-queixas-polo-estado-do [3] whatsapp://send?text=Sobre o abandono do patrimonio municipal no concello de Leiro: queixas polo estado do lavadoiro. http://copecarballino.es/denunciacidada/sobre-o-abandono-do-patrimonio-municipal-no-concello-de-leiro-queixas-polo-estado-do [4] http://copecarballino.es/print/59762