Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > A Xunta e o concello do Irixo avaliarán a posta en marcha dunha agrupación de xestión conxunta para a plantación de cereal destinado á gandaría, na parroquia de Corneda.

22, Maio 2022 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A Xunta e o Concello do Irixo analizarán a posibilidade de poñer en marcha unha agrupación de xestión conxunta nesta localidade Comarca do Carballiño para impulsar a plantación de cereal destinado á gandaría. Así se acordou na reunión que mantivo o conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado da directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, co alcalde do municipio, Manuel Cerdeira.

Así, o Concello do Irixo está interesado en aumentar as posibilidades de alimentación para o gando apostando pola plantación de cereal no lugar de Matelo,na parroquia de Corneda, en beneficio dos produtores da zona. Nesa dirección, o conselleiro instouno a apostar pola figura da agrupación de xestión conxunta, promovendo o acordo entre propietarios de cara a potenciar este aproveitamento de xeito conxunto.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/xunta-e-o-concello-do-irixo-avaliaran-posta-en-marcha-dunha-agrupacion-de-xestion-conxunta

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-e-o-concello-do-irixo-avaliaran-posta-en-marcha-dunha-agrupacion-de-xestion-conxunta [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-e-o-concello-do-irixo-avaliaran-posta-en-marcha-dunha-agrupacion-de-xestion-conxunta [3] whatsapp://send?text=A Xunta e o concello do Irixo avaliarán a posta en marcha dunha agrupación de xestión conxunta para a plantación de cereal destinado á gandaría, na parroquia de Corneda. http://copecarballino.es/novas/xunta-e-o-concello-do-irixo-avaliaran-posta-en-marcha-dunha-agrupacion-de-xestion-conxunta [4] http://copecarballino.es/print/59773