Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Acordo total entre concello e Xunta para ubicar o Centro de Saúde na estación de autobuses: deberá modificarse no PXOM o uso urbanístico e a edificabilidade da parcela.

26, Maio 2022 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O acordo xa é firme entre Concello e Sanidade, unha vez que o o concello asume incorporar no proxecto a construcción dun aparcadoiro, que terá unha capacidade mínima de 100 prazas, tal como demandaba a Xunta para dar luz verde definitiva a esta ubicación do futuro Centro Integral de Saúde na actúal estación de autobuses do Carballiño.

Asi o anunciou en COPE O Carballiño o alcalde Francisco Fumega, que tamén avanzou que será agora o concello quen ter que dar os próximos pasos, como son proceder á modificación urbanística no Plan Xeral de Ordenación Municipal en vigor no concello do Carballiño, relativos ao uso da parcela, que pasará de ser dotacional a sanitario, asi como tamén deberá modificarse a edificabiliade da parcela, que na actualidade é do 50% e pasará a ser do 100%.

Concello e Consellería de Sanidade asinarán un protocolo de colaboración tan pronto como os técnicos rematen o anteproxecto da futura edificación sanitaria.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/acordo-total-entre-concello-e-xunta-para-ubicar-o-centro-de-saude-na-estacion-de-autobuses

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/acordo-total-entre-concello-e-xunta-para-ubicar-o-centro-de-saude-na-estacion-de-autobuses [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/acordo-total-entre-concello-e-xunta-para-ubicar-o-centro-de-saude-na-estacion-de-autobuses [3] whatsapp://send?text=Acordo total entre concello e Xunta para ubicar o Centro de Saúde na estación de autobuses: deberá modificarse no PXOM o uso urbanístico e a edificabilidade da parcela. http://copecarballino.es/novas/acordo-total-entre-concello-e-xunta-para-ubicar-o-centro-de-saude-na-estacion-de-autobuses [4] http://copecarballino.es/print/59805