Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Concello e Deputación proxectan a construcción dun velorio municipal, melloras en Ricovanca e unha actuación na necrópole arqueolóxica de Garfián.

9, Xuño 2022 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, mantivo un encontro de traballo no Pazo Provincial co alcalde de Beariz, Manuel Prado, para abordar as liñas de colaboración abertas entre ambas administracións e perfilar novas iniciativas de cooperación nos próximos meses.

O presidente do goberno provincial comprometeu a axuda da Deputación para avanzar no proxecto do velorio municipal, “unha dotación imprescindible para os nosos veciños”, sinalou o alcalde de Beariz. Ademais, o goberno provincial aportará unha achega para acometer diversas actuacións de acondicionamento e humanización do pobo de Ricovanca.

Manuel Baltar e Manuel Prado tamén pecharon o compromiso da Deputación para actuar na necrópole arqueolóxica de Garfián. “Un proxecto importante para protexer o noso patrimonio e avanzar na potenciación do turismo arqueolóxico”, sinalou o alcalde de Beariz trala reunión, agradecendo a receptividade e apoio da Deputación nestas actuacións.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/concello-e-deputacion-proxectan-construccion-dun-velorio-municipal-melloras-en-ricovanca-e

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/concello-e-deputacion-proxectan-construccion-dun-velorio-municipal-melloras-en-ricovanca-e [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/concello-e-deputacion-proxectan-construccion-dun-velorio-municipal-melloras-en-ricovanca-e [3] whatsapp://send?text=Concello e Deputación proxectan a construcción dun velorio municipal, melloras en Ricovanca e unha actuación na necrópole arqueolóxica de Garfián. http://copecarballino.es/novas/concello-e-deputacion-proxectan-construccion-dun-velorio-municipal-melloras-en-ricovanca-e [4] http://copecarballino.es/print/59942