Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Medio Rural e concello de Beariz avanzan na mellora de infraestructuras viarias no municipio

12, Xuño 2022 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O conselleiro do Medio Rural, José González, mantivo un encontro de traballo co alcalde do concello de Beariz, Manuel Prado, para coñecer de primeira man as necesidades e demandas dos veciños deste municipIO relativas ao agro. Así, ambos dirixentes analizaron a posibilidade de mellorar as condicións de vida dos residentes nas áreas rurais mediante o acondicionamento das principais vías de comunicación e doutras infraestruturas.

Así, o conselleiro lembrou que a través do Plan Marco 2022-2023, que contempla preto de 18 millóns de euros en axudas para que os concellos galegos poidan mellorar os seus camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas, o concello de Beariz foi beneficiario dunha contía de algo máis de 40.000 euros, que se suma aos preto de 33.000 euros da convocatoria anterior.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/medio-rural-e-concello-de-beariz-avanzan-na-mellora-de-infraestructuras-viarias-no-municipio

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/medio-rural-e-concello-de-beariz-avanzan-na-mellora-de-infraestructuras-viarias-no-municipio [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/medio-rural-e-concello-de-beariz-avanzan-na-mellora-de-infraestructuras-viarias-no-municipio [3] whatsapp://send?text=Medio Rural e concello de Beariz avanzan na mellora de infraestructuras viarias no municipio http://copecarballino.es/novas/medio-rural-e-concello-de-beariz-avanzan-na-mellora-de-infraestructuras-viarias-no-municipio [4] http://copecarballino.es/print/59979