Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O IES Chamoso Lamas, finalista do Festival Olloboi de cine escolar, cunha curtametraxe sobre a historia de Pepa Loba

19, Xuño 2022 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O grupo de teatro do IES Chamoso Lamas do Carballiño participou na última edición do festival Olloboi de cine escolar cunha curtametraxe sobre a historia da Pepa Loba. A 11ª edición do festival que se celebra todos os fins de curso en Boiro seleccionou a peza rodada polos alumnos do centro, que quedou finalista na súa categoría.

O festival, no que participan centros de toda Galicia (este curso houbo case 50 centros e máis de 140 obras a concurso) consolidouse xa como a grande cita do audiovisual feito nos centros de ensino de galegos, onde rapaces de diferentes idades xúntanse con profesionais do mundo do cine (produtores, directores, guionistas, técnicos...) e traballan con eles ao longo do día para realizar in situ unha pequena peza audiovisual, que despois se proxecta na Casa da Cultura de Boiro. A xornada remata cunha gala de entrega de premios nas diferentes categorías do festival.

A xuventude de Pepa loba foi a peza presentada a concurso polo IES Chamoso Lamas, obra feita polo grupo de teatro do centro e unha equipa de audiovisuais integrada por un pequeno grupo de rapaces de 1º de ESO. A curtametraxe, que está interpretada polos propios alumnos, estrearase no festival de fin de curso do Chamoso Lamas o día 22 de xuño.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-ies-chamoso-lamas-finalista-do-festival-olloboi-de-cine-escolar-cunha-curtametraxe-sobre

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-ies-chamoso-lamas-finalista-do-festival-olloboi-de-cine-escolar-cunha-curtametraxe-sobre [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-ies-chamoso-lamas-finalista-do-festival-olloboi-de-cine-escolar-cunha-curtametraxe-sobre [3] whatsapp://send?text=O IES Chamoso Lamas, finalista do Festival Olloboi de cine escolar, cunha curtametraxe sobre a historia de Pepa Loba http://copecarballino.es/novas/o-ies-chamoso-lamas-finalista-do-festival-olloboi-de-cine-escolar-cunha-curtametraxe-sobre [4] http://copecarballino.es/print/60037