Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > A Xunta executa obras de conservación e mantemento no viaduto do Barbantiño, na AG-53

20, Xuño 2022 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O inicio hoxe das obras de substitución das xuntas de dilatación do viaduto do Barbantiño, na autovía Dozón-Ourense (AG-53), obrigarán a efectuar cortes de carril a partir de hoxe.

A actuación implicará cortes de 24 horas para impedir a circulación sobre as xuntas durante o tempo necesario para que os morteiros fragüen e consigan a resistencia necesaria. Deste xeito, cada carril quedará cortado aproximadamente desde as 8:00 horas dun día ata as 19:00 horas do seguinte, manténdose a circulación no outro coa debida sinalización.

A intervención consistirá na renovación de todas as xuntas, cambiando a tipoloxía naquelas nas que sexa posible, de modo que pasen de ser dobres a xunta única, causando menos incidencias no tránsito de vehículos. Isto é viable porque pasaron xa varios anos desde a posta en servizo do viaduto e os movementos da estrutura de formigón son xa moi pequenos con respecto aos primeiros momentos desde a súa construción.

O obxectivo dos traballos é lograr unha maior comodidade na condución e mellorar a sensación de seguridade dos usuarios.

Esta actuación forma parte do programa pioneiro de inspección de estruturas e obras de paso polo que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade realiza inspeccións periódicas nas pontes, viadutos e outras obras de paso para coñecer as necesidades de intervención, garantir a seguridade viaria e actuar de modo preventivo fronte a posibles problemas futuros.

Neste caso, as inspeccións realizadas sobre o viaduto do Barbantiño ofreceron como resultado que a maioría das xuntas non tiñan ningún problema relevante e que as irregularidades non eran especialmente acusadas, pero estase a proceder á súa renovación como medida de conservación preventiva.

O departamento que dirixe Ethel Vázquez continúa traballando na conservación e no mantemento da rede viaria autonómica coa fin de proporcionarlles unhas estradas máis seguras e cómodas aos usuarios.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/xunta-executa-obras-de-conservacion-e-mantemento-no-viaduto-do-barbantino-na-ag-53

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-executa-obras-de-conservacion-e-mantemento-no-viaduto-do-barbantino-na-ag-53 [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-executa-obras-de-conservacion-e-mantemento-no-viaduto-do-barbantino-na-ag-53 [3] whatsapp://send?text=A Xunta executa obras de conservación e mantemento no viaduto do Barbantiño, na AG-53 http://copecarballino.es/novas/xunta-executa-obras-de-conservacion-e-mantemento-no-viaduto-do-barbantino-na-ag-53 [4] http://copecarballino.es/print/60047