Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Alvite mellora o seu centro social, cunha achega económica de 31.000 euros aportados pola Xunta

24, Xuño 2022 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A Xunta de Galicia e concello de Beariz colaboraron nas obras de mellora levadas a cabo no centro social da asociación de veciños de Alvite, un pobo singular e que fai apenas unhos anos quedou deshabitado, e constitúe hoxe en dia todo un exemplo de recuperación e rehabilitación.

A través dunha axuda do Plan específico de acción comunitaria, destinadas a asociacións, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños de Galicia, comunidades de usuarios de augas e asociacións de mulleres rurais, o Goberno galego colaborou con esta entidade veciñal do núcleo de Alvite no acondicionamento exterior do local social, así como na dotación de equipamento informático e audiovisual cunha achega de máis de 31.000 euros nas convocatorias de 2020 e 2021.

As obras incluíron a colocación de lousas de pedra no acceso a algunhas estancias, a plantación de árbores tipo camelia no xardín, así como a colocación de valado na parte traseira e a habilitación dun espazo para realizar proxeccións de cine ao exterior en verán. Tamén se realizou a acometida da instalación eléctrica e das redes de abastecemento e de saneamento.

Ademais, a colaboración da Xunta permitiu dotar ao centro social de mobiliario e equipamento audiovisual cun novo proxector de imaxe, unha pantalla para o proxector, equipo de son, ordenador portátil, impresora láser e cadeiras abatibles.

N

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/alvite-mellora-o-seu-centro-social-cunha-achega-economica-de-31000-euros-aportados-pola-xunta

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/alvite-mellora-o-seu-centro-social-cunha-achega-economica-de-31000-euros-aportados-pola-xunta [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/alvite-mellora-o-seu-centro-social-cunha-achega-economica-de-31000-euros-aportados-pola-xunta [3] whatsapp://send?text=Alvite mellora o seu centro social, cunha achega económica de 31.000 euros aportados pola Xunta http://copecarballino.es/novas/alvite-mellora-o-seu-centro-social-cunha-achega-economica-de-31000-euros-aportados-pola-xunta [4] http://copecarballino.es/print/60089