Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Pazos de Arenteiro soterrará cableado e Leiro elimina barreiras arquitectónicas, con axudas da Deputación.

11, Xullo 2022 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A xunta de goberno da Deputación Provincial acordou na súa reunión semanal celebrada este lúns dia 11 de xullo, a concesión de axudas económicas aos concellos da provincia en materia de cooperación coas entidades locais.

O concello de Boborás contará cunha achega por importe de 15.000 euros para o soterrado do cableado no núcleo histórico de Pazos de Arenteiro, declarado como núcleo de interese histórico- artístico dende o ano 1973.

Pola súa parte, o concello de Leiro benefíciase dunha axuda de 32.000 euros para acometer un proxecto de eliminación de barrreiras arquitectónicas na vila de Leiro, unha actuación que permitirá a mellora da accesibilidade para as persoas con mobilidade reducida.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/pazos-de-arenteiro-soterrara-cableado-e-leiro-elimina-barreiras-arquitectonicas-con-axudas-da

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/pazos-de-arenteiro-soterrara-cableado-e-leiro-elimina-barreiras-arquitectonicas-con-axudas-da [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/pazos-de-arenteiro-soterrara-cableado-e-leiro-elimina-barreiras-arquitectonicas-con-axudas-da [3] whatsapp://send?text=Pazos de Arenteiro soterrará cableado e Leiro elimina barreiras arquitectónicas, con axudas da Deputación. http://copecarballino.es/novas/pazos-de-arenteiro-soterrara-cableado-e-leiro-elimina-barreiras-arquitectonicas-con-axudas-da [4] http://copecarballino.es/print/60228