Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Correos promociona a Festa do Pulpo a través das pantallas das oficinas de varias provincias españolas

4, Agosto 2022 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Correos e o Concello do Carballiño asinaron un acordo polo que se promociona a Festa do Polbo en oficinas de Correos de 8 provincias españolas.

Os cidadáns poderán coñecer esta festa declarada de Interese Internacional a través de pantallas colocadas en oficinas de Alacante, Barcelona, Madrid, Segovia, Sevilla, Valencia, Zamora e Zaragoza.

A Festa do Polbo celebra en 2022 a súa edición número 60, dedicada ao ano Xacobeo e que se celebrará, como é tradición, o segundo domingo de agosto. O parque municipal do Carballiño acollerá a gran romaría na que miles de persoas degustarán este emblemático produto gastronómico, salienta Correos no seu comunicado informativo.

Con este novo servizo de pantallas nas oficinas de Correos, o Concello do Carballiño atopa unha nova canle de promoción para a Festa do Polbo repartido pola xeografía española. As pantallas colocadas en Correos contan cunha gran visibilidade entre os cidadáns: en 2021 as oficinas españolas rexistraron máis de 89 millóns de visitas.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/correos-promociona-festa-do-pulpo-traves-das-pantallas-das-oficinas-de-varias-provincias

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/correos-promociona-festa-do-pulpo-traves-das-pantallas-das-oficinas-de-varias-provincias [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/correos-promociona-festa-do-pulpo-traves-das-pantallas-das-oficinas-de-varias-provincias [3] whatsapp://send?text=Correos promociona a Festa do Pulpo a través das pantallas das oficinas de varias provincias españolas http://copecarballino.es/novas/correos-promociona-festa-do-pulpo-traves-das-pantallas-das-oficinas-de-varias-provincias [4] http://copecarballino.es/print/60414