Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Sobre o centro de saúde do Carballiño e o fraco favor á xentiña maior (tema monitores)

5, Agosto 2022 [1] [2] [3] [4]

Leo na outra denuncia que unha persoa maior que está enferma se queixa porque tardan unha semaña en darlle cita telefónica. Pois cando esa persoa teña que ir in situ e descubra que a partir de agora hai que sacar ticket na entrada e botar o rato mirando para unha pantalla ao mais puro estilo hospital igual lle da algo.  Tendo en conta que a maoiría dos usuarios da sanidade son xente de idade avanzada seguro que algún que outro problema de visión e que soen ir a cita sen acompañante parece un plan sin fisuras o de implementar no centro de saúde do Carballiño este sistema de xestión de quendas. Todo para que o profesional xa non teña que sair á sala de espera a chamar. Se xa moitos non se apañaban para pedir cita por internet ou na app do Sergas agora  van e danllle a estocada. Hai que pensar mais na xentiña maior.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/denunciacidada/sobre-o-centro-de-saude-do-carballino-e-o-fraco-favor-xentina-maior-tema-monitores

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/sobre-o-centro-de-saude-do-carballino-e-o-fraco-favor-xentina-maior-tema-monitores [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/sobre-o-centro-de-saude-do-carballino-e-o-fraco-favor-xentina-maior-tema-monitores [3] whatsapp://send?text=Sobre o centro de saúde do Carballiño e o fraco favor á xentiña maior (tema monitores) http://copecarballino.es/denunciacidada/sobre-o-centro-de-saude-do-carballino-e-o-fraco-favor-xentina-maior-tema-monitores [4] http://copecarballino.es/print/60417