Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O alcalde Fumega confirma que optará á reelección nas eleccións municipais de 2023 cunha candidatura "na que haberá certa renovación".

15, Setembro 2022 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A oito meses por diante para a celebración das eleccións municipais de maio de 2023, o alcalde do Carballiño Francisco Fumega aproveitou unha intervención en COPE O Carballiño para anunciar que optará á reelección do cargo que obstenta dende o ano 2015.

Desta maneira, Fumega volverá encabezar a candidatura do PSdeG no concello do Carballiño "tratando de recabar de novo a confianza dos veciños" e dando por boa a decisión do electorado porque "ésta é a grandeza da democracia, a decisión que tomen será a acertada", reflexionou o rexedor municipal, confirmando asi que aspira a reelección para o que sería o terceiro mandato consecutivo.

Preguntado sobre a súa idea para a candidatura que encabezará nos comicios de 2023, se haberá continuismo ou renovación, Fumega dixo que "renovación sempre hai porque hai xente que lle chega a experiencia, xa me manifestou que non queren repetir, e polo tanto haberá certa renovación".

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-alcalde-fumega-confirma-que-optara-reeleccion-nas-eleccions-municipais-de-2023-cunha

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-alcalde-fumega-confirma-que-optara-reeleccion-nas-eleccions-municipais-de-2023-cunha [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-alcalde-fumega-confirma-que-optara-reeleccion-nas-eleccions-municipais-de-2023-cunha [3] whatsapp://send?text=O alcalde Fumega confirma que optará á reelección nas eleccións municipais de 2023 cunha candidatura [4] http://copecarballino.es/print/60663