Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Xunta e concello asinan o convenio de colaboración para financiar obras de mellora no centro de saúde de San Amaro

19, Setembro 2022 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e o alcalde de San Amaro, Fernando Rodríguez Redondo, acompañados polo Delegado Territorial de Ourense, Gabriel Alén, veñen de asinar un convenio no que se establecen as bases para o financiamento de varias melloras no centro de saúde da localidade, entre as que destacar a reparación da cuberta, do falso teito e a remodelación dos aseos.

Abordarase a reparación da cuberta, que nestes momentos é de tella cerámica sobre placas de cemento ou correas deste mesmo material e na que unha alta porcentaxe das tellas presentan un estado de deterioro que aconsella a substitución global da mesma, non sendo posible a súa reparación parcial con substitucións puntuais. Tamén levarase a cabo o arranxo do falso teito do espazo central ademais da rehabilitación e a modificación dos actuais aseos para poder ofrecer un servizo adecuado ás necesidades dos pacientes facéndoos mais accesible e confortables.

O conselleiro de Sanidade agradeceu a boa disposición do alcalde para poder asinar este convenio, con tempo suficiente para que se poida licitar a obra e executarse en prazo. Deste modo, o persoal e os pacientes do centro de saúde de San Amaro contarán cun centro de saúde mellor e máis confortable.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/xunta-e-concello-asinan-o-convenio-de-colaboracion-para-financiar-obras-de-mellora-no-centro

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-e-concello-asinan-o-convenio-de-colaboracion-para-financiar-obras-de-mellora-no-centro [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-e-concello-asinan-o-convenio-de-colaboracion-para-financiar-obras-de-mellora-no-centro [3] whatsapp://send?text=Xunta e concello asinan o convenio de colaboración para financiar obras de mellora no centro de saúde de San Amaro http://copecarballino.es/novas/xunta-e-concello-asinan-o-convenio-de-colaboracion-para-financiar-obras-de-mellora-no-centro [4] http://copecarballino.es/print/60700