Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O Arenteiro Fotográfico de Potiños, con 11 exposicións e outras actividades, converterán a O Carballiño na capital da fotografía en Galicia.

20, Setembro 2022 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O Carballiño volve a converterse na referencia da fotografía non so en Galicia "senón a nivel estatatal", manifestou ao concelleiro de cultura Diego Fernández, no que foi o acto de presentación deste evento xunto ao presidente de O Potiños, Manolo Blanco.

O Arenteiro Fotográfico, durante os meses de outubro e novembro, ofertará once exposicións colectivas e individuais, complementadas con charlas, cursos e coloquios. As exposicións quedarán instaladas dende principios de outubro, e a inauguración será o dia 9 de outrubro ao mediodia na casa da cultura do Carballiño, na xornada anterior -o dia 8-  Vari Caramés impartirá unha master class, tamén na casa da cultura. Este mesmo fotográfo será homenaxeado e distinguido co premio desta edición "pola súa destacada traxectoria no mundo da fotografía".

Como gran novidade este ano, a maioría das exposicións poderán verse nun céntrico local, no baixo do número 6 da rúa Rosalía de Castro. O presidente de Potiños agradeceu "á familia Varela esta colaboración, ao ceder amablemente  este local para a celebración do Arenteiro Fotográfico".  Tamén tivo palabras de recoñecemento "para todos os fotógra@s que participan connosco no Arenteiro Fotográfico 2022 e que coa súa colaboración contribúen a darlle ese salto tan importante de calidade o noso evento",

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-arenteiro-fotografico-de-potinos-con-11-exposicions-e-outras-actividades-converteran-o

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-arenteiro-fotografico-de-potinos-con-11-exposicions-e-outras-actividades-converteran-o [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-arenteiro-fotografico-de-potinos-con-11-exposicions-e-outras-actividades-converteran-o [3] whatsapp://send?text=O Arenteiro Fotográfico de Potiños, con 11 exposicións e outras actividades, converterán a O Carballiño na capital da fotografía en Galicia. http://copecarballino.es/novas/o-arenteiro-fotografico-de-potinos-con-11-exposicions-e-outras-actividades-converteran-o [4] http://copecarballino.es/print/60706