Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > A Xunta inviste 1,1 millóns de euros na mellora do firme na estrada do Eixo do Ribeiro

6, Outubro 2022 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de iniciar as obras de mellora do firme na estrada OU-504, ao paso polo concello de Cea, que suporán un investimento de 1,1 millóns de euros. Esta mesma actuación tamén se leva a cabo a altura do municipio de Ribadavia

Os traballos, cun prazo de execución de seis meses, consistirán na rehabilitación do firme da OU-504 -coñecida como o Eixo do Ribeiro- entre a intersección coa estrada N-120 en Ribadavia e a intersección coa OU-901 en Cea, en concreto, entre os puntos quilométricos 1+460 ao 1+800; e do 2+900 ao 28+080.

Segundo o treito e o estado actual do firme, realizaranse fresados e reposicións de 5 e 10 cm de espesor, e disporase unha nova capa de rodaxe mediante o estendido dunha mestura bituminosa en frío, tipo microaglomerado.

As obras incluirán a habilitación de cunetas de seguridade de formigón, incluíndo tubo dren e recheo co material de fresado da propia obra para reforzar a seguridade viaria.

Tamén se mellorarán os camiños, mediante estendido do material de fresado da propia obra e o selado mediante unha rega asfáltica. Ademais acometerase a limpeza e o reperfilado das marxes.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/xunta-inviste-11-millons-de-euros-na-mellora-do-firme-na-estrada-do-eixo-do-ribeiro

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-inviste-11-millons-de-euros-na-mellora-do-firme-na-estrada-do-eixo-do-ribeiro [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-inviste-11-millons-de-euros-na-mellora-do-firme-na-estrada-do-eixo-do-ribeiro [3] whatsapp://send?text=A Xunta inviste 1,1 millóns de euros na mellora do firme na estrada do Eixo do Ribeiro http://copecarballino.es/novas/xunta-inviste-11-millons-de-euros-na-mellora-do-firme-na-estrada-do-eixo-do-ribeiro [4] http://copecarballino.es/print/60860