Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > VIAQUA OU O CONCELLO, XÁ ESTÁ BEN!!!!

21, Novembro 2022 [1] [2] [3] [4]

A primeira hora da mañá do día 2 de maio a rotura dunha tubería da traída xeral de auga na Rúa Calvo Sotelo de O Carballiño (frente á Biblioteca Municipal) causou importantes danos por toda a zona, pero o máis perxudicado foi o Edificio Castelao sito no número 44. Quedou totalmente inundado o sótano 2 e ata a metade o sótano 1.

Está a rematar o mes de novembro e non temos nin calefacción (a caldeira, o depósito de gasoil, o cadro de contadores quedaron sumerxidos totalmente en auga e terra), nin instalación eléctrica no sótano 2, nin o ascensor pode baixar ós garaxes.

Parece que nin o Concello nin Viaqua esquecen cobrar os recibos de suministro (que os veciños pagamos puntualmente) pero nada lles importa o mal que o estamos a pasar. Xa vai facer 7 meses, ven o frío, e no edificio viven persoas maiores, nenos, persoas enfermas,... e seguimos sen calefacción porque non son capaces de arranxar os danos causados. A medida que pasan os días o deterioro vai a máis.

Por suposto, ninguén ten a culpa de que sucedan accidentes deste tipo, pero cando ocorren hai que ter a RESPONSABILIDADE  de reparar os danos na maior brevidade de tempo e...CANTO MÁIS TEMOS QUE ESPERAR? 

 

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/denunciacidada/viaqua-ou-o-concello-xa-esta-ben

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/viaqua-ou-o-concello-xa-esta-ben [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/viaqua-ou-o-concello-xa-esta-ben [3] whatsapp://send?text=VIAQUA OU O CONCELLO, XÁ ESTÁ BEN!!!! http://copecarballino.es/denunciacidada/viaqua-ou-o-concello-xa-esta-ben [4] http://copecarballino.es/print/61408