Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Os concellos da comarca conmemoran o Dia Internacional Contra a Violencia de Xénero, con diversas actividades.

25, Novembro 2022 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Os concellos do Carballiño e San Cristovo de Cea celebraban na mañá deste 25 de Novembro o "Dia Internacional Contr a Violencia de Xénero" coa organización de actos institucionais, no salón de actos da casa do concello do Carballiño e a Praza Maior de Cea, nos que se procedía á lectura dun manifesto pola eliminación da violencia contra as mulleres.

No concello de Piñor terá lugar na tarde deste sábado dia 26 a "1ª Xornada de Eduación Familiar Pola Igualdade" na Praza do pobo do Arenteiro, con unha representación teatral "Avoas" de Run Run Teatro, tamén con "misións" vinculadas á loita pola igualdade de xénero, nas que non haberá tempo para o aburrimento, e sorteo con agasallos para os nenos e nenas participantes.

Pola súa parte, a Mancomunidade de Concellos promove a cuarta edición do Contacontos Familiar, a cargo de Cristina Collazo, con sesións de contacontos que terán lugar en Beariz (sábado 26 ás 16:00 h. no centro social da Forxa) Boborás (sábado 26 ás 19:00 h. no centro multiusos de Boborás) San Amaro (Domingo ás 16:30 h. no colexio) e no Irixo (salón multiusos do concello,ás 19:00 h.)

O concello de Avión organiza durante esta semana varias actividades, das que podes informatrte no seguinte enlace: https://www.concelloavion.org/es/component/content/article/8-news/230-co... [5]

Na foto, o acto celebrado no concello de San Cristovo de Cea.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/os-concellos-da-comarca-conmemoran-o-dia-internacional-contra-violencia-de-xenero-con-diversas

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/os-concellos-da-comarca-conmemoran-o-dia-internacional-contra-violencia-de-xenero-con-diversas [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/os-concellos-da-comarca-conmemoran-o-dia-internacional-contra-violencia-de-xenero-con-diversas [3] whatsapp://send?text=Os concellos da comarca conmemoran o Dia Internacional Contra a Violencia de Xénero, con diversas actividades. http://copecarballino.es/novas/os-concellos-da-comarca-conmemoran-o-dia-internacional-contra-violencia-de-xenero-con-diversas [4] http://copecarballino.es/print/61471 [5] https://www.concelloavion.org/es/component/content/article/8-news/230-conmemoracion-25n-dia-internacional-contra-la-violencia-de-genero?Itemid=184