Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Renfe restablece os servizos de tren diarios entre O Carballiño e Ourense, suspendidos a partir da pandemia, sen que respectase ata agora a condición de Obligación de Servizo Público

11, Decembro 2022 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A operaradora ferroviaria restableceu desde este domingo 11 de decembro os servizos de tren diarios que quedaran suprimidos durante a pandemia e aínda non repuxera ata agora. O certo é que esta reposición de servizos chega con moito retraso porque os mesmos figuraban na relación de trens declarados Obligación de Servizo Público (OSP) no contrato entre a Administración Xeral do Estado e a mercantil estatal Renfe.

A aplicación da medida, que Renfe agora decide cumplir, supón que as estacións de O Carballiño e Ourense pasen a contar con tres frecuencias diarias, os 7 dias da semana, manténdose o tren tamén diario con destino a Santiago de Compostela, que era o único que se mantiña operativo.

Desta maneira, cos bonos de media distancia, os viaxeiros carballiñeses terán a opción de realizar os desplazamentos en tren de ida e volta de forma gratuíta no que queda deste ano 2022, e se o goberno cumpre o prometido e manteñense as condicións para o ano que ven, tamén poderían facélo durante 2023, algo do que os posibles usuarios da estación de Renfe do Carballiño non poideron benefiarse desta gratuidade no transporte público de ferrocarril.

O primeiro tren que sae á mañá do Carballiño con destino a Ourense é as 7:48 horas e chega á estación de Ourense ás 8:13 horas. Pola tarde, temos outros dous trens con saida dende O Carballiño con destino Ourense, ás 15:00 horas e as 19:56 horas. 

No sentido inverso, o primeiro tren diario sae dende a estación de Ourense ás 14:30 horas, mentres que os outros dous teñen a súa saida con destino O Carballiño ás 16:40 horas e as 21:10 horas. 

A oferta de servizos da estación de ferrocarril do Carballiño complétase a diario co tren con destino a Santiago de Compostela, con saída ás 17:06 horas.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/renfe-restablece-os-servizos-de-tren-diarios-entre-o-carballino-e-ourense-suspendidos-partir

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/renfe-restablece-os-servizos-de-tren-diarios-entre-o-carballino-e-ourense-suspendidos-partir [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/renfe-restablece-os-servizos-de-tren-diarios-entre-o-carballino-e-ourense-suspendidos-partir [3] whatsapp://send?text=Renfe restablece os servizos de tren diarios entre O Carballiño e Ourense, suspendidos a partir da pandemia, sen que respectase ata agora a condición de Obligación de Servizo Público http://copecarballino.es/novas/renfe-restablece-os-servizos-de-tren-diarios-entre-o-carballino-e-ourense-suspendidos-partir [4] http://copecarballino.es/print/61666