Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O Carballiño desenvolverá un Plan de Sostenibilidade Turística en Destino “O Carballiño e a gastronomía do Pulpo” dotado dun orzamento de 1 millón de euros, que ven de aprobar o goberno central.

16, Decembro 2022 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Este plan foi aprobado dentro da II Convocatoria Extraordinaria do programa Plans de Sustentabilidade Turística de Destino 2022, financiados na sua totalidade con fondos Next Generation procedentes da Unión Europea e integrados no Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia deseñado dende o Goberno de España.

Durante o proceso de tramitación foi incluído dentro Plan Territorial de Sostenibilidade Turística de Enogastronomía de Galicia onde se aprobaron de forma conxunta outros dez plan similares centrados en desenvolver o potencial turístico da gastronomia galega.

O obxectivo principal desta iniciativa é a promoción de O Carballiño como destino enogastronómico de primeiro nivel, poñendo en marcha actuacións transformadoras en diferentes áreas no horizonte 2023-2025. Os eixes de intervención están repartidos entre Transición verde e sostible; Mellora da eficiencia enerxética, Transición dixital e Competitividade. Os proxectos máis destacados buscan intervir e mellorar os espazos do Parque Municipal, o Parque Etnográfico e ampliar o paseo fluvial ata o Bañiño de Arcos. A renovación da iluminación do Templo da Veracruz tamén está incluida no plan así como instalación de sinalización turística intelixente, realidade aumentada e un plan de comunicación dixital turística.

Unha parte da accións buscarán reforzar a oferta de enograstromía e sobre todo visibilizar a labor de pulpeiros e pulpeiras e potenciar a festa do pulpo. A internacionalización da festa do pulpo e a vinculación do Carballiño co principal símbolo gastrómico de Galicia foi determinante para a consecución deste fondos.
O próximo paso do plan será a mediados de Xaneiro do 2023 durante a participación na Feira Internacional de Turismo FITUR onde a Alcalde, Francisco Fumega, e o Concelleiro de turísmo, Manolo Dacal, se reunirán cos responsables do Ministerio para inciar a operativa deste plan tan importante para O Carballiño.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-carballino-desenvolvera-un-plan-de-sostenibilidade-turistica-en-destino-o-carballino-e

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-carballino-desenvolvera-un-plan-de-sostenibilidade-turistica-en-destino-o-carballino-e [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-carballino-desenvolvera-un-plan-de-sostenibilidade-turistica-en-destino-o-carballino-e [3] whatsapp://send?text=O Carballiño desenvolverá un Plan de Sostenibilidade Turística en Destino “O Carballiño e a gastronomía do Pulpo” dotado dun orzamento de 1 millón de euros, que ven de aprobar o goberno central. http://copecarballino.es/novas/o-carballino-desenvolvera-un-plan-de-sostenibilidade-turistica-en-destino-o-carballino-e [4] http://copecarballino.es/print/61721