Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Unha cabalgata con identidade propia: O Carballiño da a benvida aos Reis Magos cun gran espectáculo de luz, música, circo e pirotecnia no máxico escenario da Veracruz

5, Xaneiro 2023 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Cabalgatas hai moitas, aínda que da beleza, espectacularidade e vistosidade, e tamén de maxia para os e as que somos do Carballiño coa torre da Veracruz como escenario, seguramente que poucas ou ningunha. O Carballiño xa pode presumir dunha cabalgata con identidade propia.

Excelente e coidada posta en escea, que cautivou ao númeroso público congregado na rúa Evaristo Vaamonde, para seguir este espectáculo que precedeu á máxica aparición de Melchor, Gaspar e Baltasar na Torre da Veracruz, ante a atónita mirada dos máis cativos, e o aplauso dos maiores.

Despois, a cabalgata tradicional de sempre, cada rei na súa respectiva carroza, e este ano coa ambientación especial da compañía "Fantasía de Nadal" e como cada ano a amenización do DJ Tibu, que vai xa camiño de ser tamén outra seña de identidade da cabalgata de reis á carballiñesa. 

 

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/unha-cabalgata-con-identidade-propia-o-carballino-da-benvida-aos-reis-magos-cun-gran

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/unha-cabalgata-con-identidade-propia-o-carballino-da-benvida-aos-reis-magos-cun-gran [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/unha-cabalgata-con-identidade-propia-o-carballino-da-benvida-aos-reis-magos-cun-gran [3] whatsapp://send?text=Unha cabalgata con identidade propia: O Carballiño da a benvida aos Reis Magos cun gran espectáculo de luz, música, circo e pirotecnia no máxico escenario da Veracruz http://copecarballino.es/novas/unha-cabalgata-con-identidade-propia-o-carballino-da-benvida-aos-reis-magos-cun-gran [4] http://copecarballino.es/print/62003