Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > A Xunta financiará con medio millón de euros a mellora da Rúa de Ribadavia, a conselleira Ethel Vázquez e o alcalde Fumega acordaron que sexa o concello quen redacte o proxecto.

12, Xaneiro 2023 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A previsión orzamentaria da Consellería de Infraestructuras e Mobilidade para esta obra é de medio millón de euros, a esta cantidade deberá polo tanto adaptarse o proxecto que xa redacta o arquitécto municipal do Concello do Carballiño, según avanzou nesta emisora de radio o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega.

A conselleira Ethel Vázquez comprometeuse ante o rexedor municipal a licitar a obra este mesmo ano, despóis da súa execución a Xunta traspasará a titularidade deste vial a favor do concello carballiñés, tal como se acordou solicitar no pleno da corporación municipal, a instancias dunha proposta presentada polo grupo do Partido Popular.

O tramo no que se levará a cabo esta actuación é o que vai dende o casco urbano do Carballiño ata o cemiterio de Señorín, e incluirá a reposición das canalizacións do abastecemento de agua, saneamento e pluviais, asi como a construcción de beirarrúas das que carece unha boa parte deste vial, que constitúe unha das entradas a O Carballiño.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/xunta-financiara-con-medio-millon-de-euros-mellora-da-rua-de-ribadavia-conselleira-ethel

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-financiara-con-medio-millon-de-euros-mellora-da-rua-de-ribadavia-conselleira-ethel [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-financiara-con-medio-millon-de-euros-mellora-da-rua-de-ribadavia-conselleira-ethel [3] whatsapp://send?text=A Xunta financiará con medio millón de euros a mellora da Rúa de Ribadavia, a conselleira Ethel Vázquez e o alcalde Fumega acordaron que sexa o concello quen redacte o proxecto. http://copecarballino.es/novas/xunta-financiara-con-medio-millon-de-euros-mellora-da-rua-de-ribadavia-conselleira-ethel [4] http://copecarballino.es/print/62108