Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > A Xunta destaca en Fitur as grandes potencialidades turísticas das comarcas do Carballiño e O Ribeiro

19, Xaneiro 2023 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, destacou “o potencial sen límite” das singularidades enogastronómicas e termais das comarcas do Carballiño e O Ribeiro. Así o fixo, na presentación deste xeodestino na Feira Internacional de Turismo, en Madrid.

O delegado territorial subliñou a importancia dos Xeodestinos “polo coñecemento de ser parte, en primeira persoa e durante oito anos da xestión dun territorio que cre nos seus incentivos e profesa a filosofía do Goberno de Galicia de compartir as potencialidades e recursos de municipios e comarcas para valorizar destinos e puntos de confluencia, e así, ser máis eficientes na organización turística, nas técnicas de chamada e os reclamos publicitarios”.

Gabriel Alén lembrou que o polbo, o pan, o viño e os recursos termais dentro dun clima, unha orografía, e a biodiversidade do medio, conforman unha paisaxe singular na que conflúen os vales do Avia e do Miño. Na pel das súas augas é un privilexio practicar deportes como a vela, o remo e o piragüismo; Non en balde, foi o éxito da celebración de La Coupe de la Jeunesse no Parque Náutico de Galicia de Castrelo de Miño, que se celebrou no verán.

Dado o seu patrimonio enogastronómico, este plan pretende converter o territorio Ribeiro-O Carballiño, cun orzamento estimado de 2,4 millóns de euros, nun destino turístico enogastronómico de referencia a nivel nacional, promovendo unha oferta turística cohesionada, ordenada e coordinada para todo o destino.

Destaca tamén o plan de mobilidade sostible, que abarca dende o sector do transporte público ata a marcha a pé, e a posta en marcha de liñas de axuda e formación para a dixitalización da hostalería.

Neste proxecto tamén se inclúen liñas de axudas ao sector privado para o fomento de produtos turísticos enogastronómicos sostibles e innovadores, e un programa de axudas á recuperación da arquitectura tradicional relacionada co viño, como o viño do Ribeiro, e produtos gastronómicos, como o Pan de Cea, característico do destino. Por outra banda, establécese a apertura dun centro enogastronómico como punto de venda, sala de degustación e espazo de showcooking de produtos locais.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/xunta-destaca-en-fitur-grandes-potencialidades-turisticas-das-comarcas-do-carballino-e-o

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-destaca-en-fitur-grandes-potencialidades-turisticas-das-comarcas-do-carballino-e-o [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-destaca-en-fitur-grandes-potencialidades-turisticas-das-comarcas-do-carballino-e-o [3] whatsapp://send?text=A Xunta destaca en Fitur as grandes potencialidades turísticas das comarcas do Carballiño e O Ribeiro http://copecarballino.es/novas/xunta-destaca-en-fitur-grandes-potencialidades-turisticas-das-comarcas-do-carballino-e-o [4] http://copecarballino.es/print/62205